Como xa foi anunciado nesta rolda hai tempo, Mancomún, a través do seu coordinador Suso Baleato, asumiu a coordinación oficial das traducións dos produtos Mozilla.
Para facilitar a xestión da tradución e para unificar os procedementos cos das outras traducións coordinadas tamén por Mancomún, decidiuse crear unha rolda de correo propia /*mozilla at mancomun.org*/ O obxectivo desta rolda é servir como ferramenta de coordinación da tradución de todos os produtos mozilla polo que a ela envÃamos toda a información relacionada con dito proceso, p. ex. datas de perÃodos de tradución, erros de tradución... Esta rolda é pública e precisa subscrición para poder participar activamente nela. Xa que esta foi a rolda na que orixinalmente se levaban estas cuestións, consideramos conveniente facilitarvos ao máximo que continuedes participando na tradución de Mozilla como fixestes no pasado, polo que pensamos en facer o seguinte se ninguén lle ve inconveniente: Subscribir galician at mozdev.org a mozilla at mancomun.org de maneira que todos os correos que se reciban en mozilla at mancomun.org chegarÃan tamén a esta rolda e vos evitarÃa o traballo de tervos que subscribir individualmente á nova rolda. Se ninguén ten obxección procederemos a realizar isto o vindeiro luns. Saúdos. -- Frco. Javier Rial RodrÃguez Técnico Centro de Referencia e Servizos de Software Libre www.mancomun.org Praza de Europa,nº 10A,6ºB,15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <fjrial at mancomun.org>
