> Unha non Leandro, catro polo menos. Mírao dende o noso punto de vista: temos
> que unificar a xestión de todos os proxectos de modo que sexa iso,
> xestionabel, se non é imposibel. En breve imos iniciar o proceso de
> "devolución" da xestión dos proxectos de localización á comunidade, e xa
> decidiredes vós qué papel lle queredes reservar a mancomún, se é que
> considerades que debera ter algún aínda.
>
> En todo caso o dito: esta lista vai seguir funcionando igual, aínda que co
> baixo tráfico que rexistra tampouco se vai notar demasiado o impacto.

Tes razón ata certo punto, hai tres ou catro roldas dedicadas á
tradución, pero polo de agora só hai unha dedicada aos produtos de
Mozilla. Xa no seu momento me pareceu mal que houbera outra rolda á
parte para isto, pero se non lembro mal era un requisito para que nos
aceptaran as traducións (non vos estou nada seguro disto), pero o de
crear outra rolda máis para o mesmo xa parece unha teima para dividir
aínda máis á comunidade.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a