>> >> Como xa foi anunciado nesta rolda hai tempo, Mancomún, a través do seu
>> >> coordinador Suso Baleato, asumiu a coordinación oficial das traducións
>> >> dos produtos Mozilla.
>> >>
>> >> Para facilitar a xestión da tradución e para unificar os procedementos
>> >> cos das outras traducións coordinadas tamén por Mancomún, decidiuse
>> >> crear unha rolda de correo propia /*mozilla at mancomun.org*/
>> >>
>> >> O obxectivo desta rolda é servir como ferramenta de coordinación da
>> >> tradución de todos os produtos mozilla polo que a ela envíamos toda a
>> >> información relacionada con dito proceso, p. ex. datas de períodos de
>> >> tradución, erros de tradución... Esta rolda é pública e precisa
>> >> subscrición para poder participar activamente nela.
>> >>
>> >> Xa que esta foi a rolda na que orixinalmente se levaban estas cuestións,
>> >> consideramos conveniente facilitarvos ao máximo que continuedes
>> >> participando na tradución de Mozilla como fixestes no pasado, polo que
>> >> pensamos en facer o seguinte se ninguén lle ve inconveniente:
>> >>
>> >> Subscribir  galician at mozdev.org a mozilla at mancomun.org de maneira 
>> >> que
>> >> todos os correos que se reciban en mozilla at mancomun.org chegarían 
>> >> tamén
>> >> a esta rolda e vos evitaría o traballo de tervos que subscribir
>> >> individualmente á nova rolda.
>> >> Se ninguén ten obxección procederemos a realizar isto o vindeiro luns.
>> >
>> > Por min non hai problema
>> >
>> > Susana
>>
>> E por que non seguimos ca rolda anterior, que problema ten?
>
> Ningún problema, de feito a vella vai seguir funcionando.
>
> Precisamos normalizar a situación en todas as roldas antes de iniciar o
> proceso de "devolución" da iniciativa ao voluntariado. Se non complícase
> moito a xestión do cambio.

Realmente non entendo que é o que queredes conseguir. Se temos unha
rolda que rula ben, por que crear máis?

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a