>>>> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
>>>> de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.
>>>>
>>>> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
>>>> unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
>>>> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
>>>> nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
>>>> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
>>>> fixo o OPT-IN para a versión final.
>>>>
>>>>
>>>> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
>>>> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
>>>> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
>>>>    http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
>>>> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
>>>> teñen resposta:
>>>>    http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
>>>>    https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992
>>>>
>>>> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
>>>> ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.
>>>>
>>>> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
>>>> Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
>>>> que si.
>>
>> Se vai estar haberá que traducila.
>>
>>>> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
>>>> actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
>>>> http://galician.mozdev.org <http://galician.mozdev.org/>
>>>>
>>>> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
>>>> acordo.
>>>>
>>>> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
>>>
>>> O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
>>> non teremos seguinte versión de firefox en galego
>>
>> Moi importante, si. A outra vez tivéronnos bloqueados anos por mor dun
>> bug que non se daba resolto nunca.
>
> Haberá que dar prioridade a isto. Que hai que facer para solucionar dito
> bug?

Sinceramente non o sei, quizais o coordinador poida facelo...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a