Frco. Javier Rial escrebeu:
> Ola:
> 
> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de
> información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.
> 

Bueno, este correo é un bon exemplo de por qué debemos limitar ás roldas dos
proxectos as mensaxes relacionadas con eles. Non só causou un alarmismo
inxustificado polo que estiven vendo nas roldas por parte de xente que
confunde as cousas de cabo a rabo; e por se eso fora pouco o correo perdeuse
entre o spam por culpa dos múltiples destinatarios, co cal foi ao lixo e até
agora non puiden velo.

Así que por favor: manteñamos os correos dos proxectos dentro de cada
proxecto... non hai razón para andar sementando confusión entre a xente. Por
outra parte, quen estea interesado en participar na tradución de mozilla, o
que debe fazer é apuntarse nesta rolda. Penso que non digo nada do outro
mundo, pero supoño que debo insistir.

> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha
> vez este traballo xa está fora de Mancomún.
> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin
> que cuestións de coherencia habería que revisar.

Dá a sensación de que me estás reprochando que eu non estabelecera directivas
ou prioridades de traballo. A única directiva que eu estou disposto a 
establecer
é que as directrices defínimolas entre todos. 

Eu xa comuniquei o que atinxe á miña parte de responsabilidade: estou a 
traballar
na normalización da situación derivada do desmantelamento de Mancomún 
esclarecendo
as canles de comunicación e determinando recursos para poder definir 
prioridades
entre todos. Xa vos pedín axuda: mantendo as comunicacións do proxecto dentro
da rolda.

No que se refire ao traballo de tradución penso que sodes os tradutores os que
debedes definilo; e se tendes algunha dúbida, só tendes que perguntar, a rolda
está para iso. Se o que queres é a miña opinión, entón é moito máis 
efectivo
que ma pidas directamente; esto de andar espameando as roldas aos catro
ventos xa ves que só está provocando problemas e desconfianzas entre a xente.
En todo caso, se é iso o que precisas doucha: na miña opinión as prioridades 
están claras e por esta orde serían:

- bugs, especialmente se afectan a unha release que consideremos importante
- cadeas pendentes, ilas traducindo para que non se nos acumule o traballo 
- temas de marketing, como webs de productos, de comunidades e demais
- todo o demais

Mais esto é só a miña forma de ver as cousas e non é unha proposta
formalizada; para eso teríamos que falar todos pois na miña opinión as 
prioridades, directivas e demais, debemos establecelas entre todos, e non de 
forma unilateral pola miña parte.

> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo o
> OPT-IN para a versión final.
> 
> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab

A ver... creo que xa dixen que falei con Sipaq, que non hai problema co tema
do opt-in, e que teño que fazer a validación, intentando automatizala, para
poder continuar co proceso. Mais cmo vexo que insistes moito en esto, 
pregúntoche:
hai algunha razón para que teñamos que fazelo xa? Eu non teño problema en 
adiantar
o opt-in se hai algunha razón para facelo. Pero temos que tratar de facer as 
cousas
cun mínimo de orden, estou seguro de que nesto estás dacordo comigo.

> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
>     http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen
> resposta:
>     http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
>     https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992
> 

Son perfectamente consciente de que temos traballo que facer, pero eu non
me vou poñer cun látigo a dar ordes. Estás sinalando traballo que 
últimamente
viñas facendo tí, ninguén presentou obxecións a que o sigas fazendo tí e 
eu 
non teño por costume interferir no traballo de tradución. Non entendo moi ben
qué problema che impide continuar a facer o que viñas facendo antes. Se podes
ser máis explícito coa descripción do problema, eu farei o posibel por
axudarte para que poidas continuar con él.

> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do ficheiro
> main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.
> 

Ahá, estupendo. Hai algún problema para que o faga así? Eu desde logo non
teño ningún. Por min adiante, se é que precisades o meu visto bó.

> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de Mozilla
> que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si.
> 

Bueno, tampouco hai que preocuparse, eso é algo frecuente. Ás veces algo que
para nós é moi importante para o resto non o é, facemos as propostas pero
ninguén nos fai caso. O máis útil neses casos é aplicar o silencio
consensual; se ninguén plantexa obxecións á túa proposta, simplemente tira
para adiante. Especialmente se é algo que che apetece facer.

> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que actualizar
> un pouquiño a páxina principal disto:
> http://galician.mozdev.org
> 
> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
> acordo.
> 

Eu non vexo inconveniente. Na miña opinión deberíamos priorizar o tema bugs
e o tema cadeas pendentes, pero non sei o que opinades o resto. Se che
apetece poñerte con eso, por min non hai problema. Eu priorizaría os bugs e
as cadeas pendentes.

> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
> 

Me parece a min que eu o único que podo aportar é tranquilidade... a ver, a
situación é complicada, todo está cambiando moi rápido e os cambios sempre
son difíciles. Compre que cada quen procure xestionar os seus proprios medos
de modo que afecten o menos posibel ao resto.

Comigo podedes contar, mais compre evitar entrar na dinámica de andar a
tirarnos os trastos a cabeza.

Unha aperta,

> Javi Rial.

> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a