Bueno Javi: aÃnda que vexo que sigues activo, o certo é que continuamos sen saber o motivo que che impide continuar a fazer o traballo que viñas fazendo até agora; e posto que se aproxima o deadline para a beta 1 do Firefox 3.6 debo tomar unha resolución ao respeito para tratar de evitar que perdamos a release -se é que aÃnda estamos a tempo.
Como xa teño certa experiéncia (a fin de contas fun eu quen tivo que resolver a situación de bloqueo anterior) e posto que coñezo á xente involucrada, xa me puxen en contacto con iles para poñelos ao tanto da nova situación. Retomo pois a iniciativa e asumo de novo o peso desta tradución que delegara en tà anteriormente. Creo que é xusto darche as grazas pola calidade do teu traballo e sobre todo polo teu esforzo personal. Quedo aberto á proposta que queiras fazer para definir o teu novo rol neste proxecto. No entanto, póñome xa a resolver as cuestións pendentes. Saúdos e de novo, grazas. Suso Baleato escrebeu: > Frco. Javier Rial escrebeu: > > Ola: > > > > Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de > > información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla. > > > > Bueno, este correo é un bon exemplo de por qué debemos limitar ás roldas > dos > proxectos as mensaxes relacionadas con eles. Non só causou un alarmismo > inxustificado polo que estiven vendo nas roldas por parte de xente que > confunde as cousas de cabo a rabo; e por se eso fora pouco o correo perdeuse > entre o spam por culpa dos múltiples destinatarios, co cal foi ao lixo e até > agora non puiden velo. > > Asà que por favor: manteñamos os correos dos proxectos dentro de cada > proxecto... non hai razón para andar sementando confusión entre a xente. Por > outra parte, quen estea interesado en participar na tradución de mozilla, o > que debe fazer é apuntarse nesta rolda. Penso que non digo nada do outro > mundo, pero supoño que debo insistir. > > > -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha > > vez este traballo xa está fora de Mancomún. > > -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin > > que cuestións de coherencia haberÃa que revisar. > > Dá a sensación de que me estás reprochando que eu non estabelecera > directivas > ou prioridades de traballo. A única directiva que eu estou disposto a > establecer > é que as directrices defÃnimolas entre todos. > > Eu xa comuniquei o que atinxe á miña parte de responsabilidade: estou a > traballar > na normalización da situación derivada do desmantelamento de Mancomún > esclarecendo > as canles de comunicación e determinando recursos para poder definir > prioridades > entre todos. Xa vos pedÃn axuda: mantendo as comunicacións do proxecto > dentro > da rolda. > > No que se refire ao traballo de tradución penso que sodes os tradutores os > que > debedes definilo; e se tendes algunha dúbida, só tendes que perguntar, a > rolda > está para iso. Se o que queres é a miña opinión, entón é moito máis > efectivo > que ma pidas directamente; esto de andar espameando as roldas aos catro > ventos xa ves que só está provocando problemas e desconfianzas entre a > xente. > En todo caso, se é iso o que precisas doucha: na miña opinión as > prioridades > están claras e por esta orde serÃan: > > - bugs, especialmente se afectan a unha release que consideremos importante > - cadeas pendentes, ilas traducindo para que non se nos acumule o traballo > - temas de marketing, como webs de productos, de comunidades e demais > - todo o demais > > Mais esto é só a miña forma de ver as cousas e non é unha proposta > formalizada; para eso terÃamos que falar todos pois na miña opinión as > prioridades, directivas e demais, debemos establecelas entre todos, e non de > forma unilateral pola miña parte. > > > -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo > > o > > OPT-IN para a versión final. > > > > http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab > > A ver... creo que xa dixen que falei con Sipaq, que non hai problema co tema > do opt-in, e que teño que fazer a validación, intentando automatizala, para > poder continuar co proceso. Mais cmo vexo que insistes moito en esto, > pregúntoche: > hai algunha razón para que teñamos que fazelo xa? Eu non teño problema en > adiantar > o opt-in se hai algunha razón para facelo. Pero temos que tratar de facer as > cousas > cun mÃnimo de orden, estou seguro de que nesto estás dacordo comigo. > > > -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que > > traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartÃrnolo ou que. > > http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl > > -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen > > resposta: > > http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl > > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992 > > > > Son perfectamente consciente de que temos traballo que facer, pero eu non > me vou poñer cun látigo a dar ordes. Estás sinalando traballo que > últimamente > viñas facendo tÃ, ninguén presentou obxecións a que o sigas fazendo tà e > eu > non teño por costume interferir no traballo de tradución. Non entendo moi > ben > qué problema che impide continuar a facer o que viñas facendo antes. Se > podes > ser máis explÃcito coa descripción do problema, eu farei o posibel por > axudarte para que poidas continuar con él. > > > Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do > > ficheiro > > main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluÃr. > > > > Ahá, estupendo. Hai algún problema para que o faga asÃ? Eu desde logo non > teño ningún. Por min adiante, se é que precisades o meu visto bó. > > > -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de > > Mozilla > > que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si. > > > > Bueno, tampouco hai que preocuparse, eso é algo frecuente. Ãs veces algo que > para nós é moi importante para o resto non o é, facemos as propostas pero > ninguén nos fai caso. O máis útil neses casos é aplicar o silencio > consensual; se ninguén plantexa obxecións á túa proposta, simplemente tira > para adiante. Especialmente se é algo que che apetece facer. > > > Outra cuestión menos importante, é que considero que haberÃa que > > actualizar > > un pouquiño a páxina principal disto: > > http://galician.mozdev.org > > > > Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de > > acordo. > > > > Eu non vexo inconveniente. Na miña opinión deberÃamos priorizar o tema bugs > e o tema cadeas pendentes, pero non sei o que opinades o resto. Se che > apetece poñerte con eso, por min non hai problema. Eu priorizarÃa os bugs e > as cadeas pendentes. > > > Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos? > > > > Me parece a min que eu o único que podo aportar é tranquilidade... a ver, a > situación é complicada, todo está cambiando moi rápido e os cambios sempre > son difÃciles. Compre que cada quen procure xestionar os seus proprios medos > de modo que afecten o menos posibel ao resto. > > Comigo podedes contar, mais compre evitar entrar na dinámica de andar a > tirarnos os trastos a cabeza. > > Unha aperta, > > > Javi Rial. > > > _______________________________________________ > > Galician mailing list > > Galician en mozdev.org > > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician > > > -- > http://susinho.pagina.de/ -- http://susinho.pagina.de/
