Ola.

Levo unhas tres horas investigando e creo que xa solucionei o erro.
Non sei desde que versión se ven arrastrando, pero os únicos cambios
que fixen, foi corrixir 4 cadeas, que estaban traducidas ao galego e
parece que deben ir en inglés. Fixen o cambio e agora funcióname,
probade co seguinte paquete de idioma (anexo no correo). O paquete é
para a versión thunderbird-3.1.5pre.gl.langpack.xpi, pero funciona coa
versión que comenta damufo.

Por certo, as cadeas eran:

true (estaba traducida como VERDADEIRO)  e tiña que ser true

false (similar), debía ser false

A ver se consigo escribir un correo decente en inglés e me poño en
contacto cos de mozilla, e grazas a este bug conseguimos que
actualicen o repositorio galego coas novas traducións e cambios e nos
sacan a próxima versión de Thunderbird en galego, que traducida está.

Reportade os erros que vexades e melloras nas traducións. Os atallos
de teclado, van a tropezar, pero é un mal menor, xa que funcionan
igual, simplemente hai que darlle outra vez a mesma tecla para ir a
seguinte acción.

Saúdos.

2010/9/10 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
> Descarguei o thunderbird de aquí 3.1.4pre:
> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/nightly/latest-comm-1.9.2-l10n/
>
> Porque á versión que tiña a 3.1.3 pasaballe o mesmo, ao abrir a axenda  de
> enderezos salta o seguinte erro. Penso que é pola tradución porque ao
> desactivar o idioma non da o erro:
>
>
> Erro de análise XML: erro ao procesar referencia a entidade externa
> Localización: chrome://messenger/content/addressbook/addressbook.xul
> Número de liña 10, Columna 1:%abMainWindowDTD;
> ^
>
> Algunha idea? pásalle a alguén máis?
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Thunderbird 3.1-gl.xpi
Type: application/x-xpinstall
Size: 216030 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100913/98f6ab46/attachment-0001.bin>

Responderlle a