Boas.

Verdade. Que se me esqueceu de enviar a mensaxe a rolda. O que
entendín eu é o seguinte proceso:

- Traduces e envías as traducións ao repositorio
- Probas a nightly-build que se fan todos as noites co teu traballo
- Se está OK confirmas as traducións (sing-off)
- Agora deberían pasar a beta e poder descargala
- Con sorte podemos chegar a ter versión oficial en galego a tempo

Aínda non pillo ben o asunto, pero basicamente foi o que fixen e me
dixeron. Enviei as traducións, probei a nightly-build (que tiña algún
defecto, pero era bug do firefox e non do noso locale) e preguntei se
podía darlle o ok ao traballo. Dixeron que non debería haber problema
e fixeno.

Cando controle máis redactarei un documento cos pasos. Por agora vou
preguntando e facendo, para ver se entramos a tempo para ter versión
oficial.

Un saúdo.

2011/2/14 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> Boas,
>
> máis por descoñecemento que por outra cousa, que é isto?
> http://twitter.com/#!/oslusc/status/37141242387107840
>
> Un saúdo,
> ifrit
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a