Ola a todos.

Como sabedes, o sitio oficial do equipo galego de localización dos
produtos de mozilla está sen actualizar. O sistema é bastante arcaico
e a miña impresión é que a cousa está parada. Que a razón pola que
surxiu está comunidade xa non é necesaria, a de mozdev.org. Polo que
atopei ao buscar polo sitio, parece que non está moi activo e que
tempo atrás se propuxo un cambio nos líderes do proxecto e non sei
como acabou. Se ao final nadie colleu os rendas ou si, pero eles non
dan señais de vida.

Xa fai tempo creei un bug para que nos activaran unha conta de drupal
integrada co noso sitio pero non responden. Volvín a insistir e nada.
O outro día din de alta un usuario no seu drupal para que o activarán
e non obtiven resposta.

Nestes momentos como coordinador do equipo galego propoño a creación
dun novo blog ou sitio para o equipo. Gustaríame que tiveramos un
sitio propio, moderno e actualizado en trasno, que podería ser:
mozilla.trasno.org e ter varios derivados, en plan firefox.trasno.org,
thunderbird.trasno, navegador.trasno.org, correo.trasno.org, ...
Teríamos que solicitalo pero supoño que non haberá moito problema.
Drupal é moi fácil de xestionar e con tempo teríamos un modelo para as
nosas páxinas. En galician.mozdev.org conservaríamos a rolda de correo
e teríamos, ou ben unha redireción cara o novo sitio ou unha ligazón
indicando a rolda está aquí e o sitio web aquí.

Votos a favor para montar un novo sitio (en principio en Trasno, se
nos aceptan a solicitude).

Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
a  actualización do sitio e o mantemento futuro.

Eu non me vexo capacitado para tal tarefa. Agora teño acceso ou tiña a
través da conta de grueiro, que moi amablemente me cedeu mentres non
me creaba a miña, e ata me solicitou unha pra min, pero desde
mozdev.org non responden. Ou pasan ou non hai ninguén xestionando o
sitio.

Este tema urxe, co que espero as vosas opinións.

Un saúdo.

Responderlle a