Boas.

Si, soamente un sitio, pero páxinas específicas para cada produto.
Unha para o firefox, outra para o thunderbir, no que sexa máis fácil a
súa descarga e onde resaltar cousas específicas de cada produto.
Refírome a entradas ou subdominios, para  facilitarlle a xente a busca
ou atopar cousas. Soamente un sitio.

Un saúdo.

2011/4/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2011/4/6 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
>> 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
>>> Ola a todos.
>>>
>>> Como sabedes, o sitio oficial do equipo galego de localización dos
>>> produtos de mozilla está sen actualizar. O sistema é bastante arcaico
>>> e a miña impresión é que a cousa está parada. Que a razón pola que
>>> surxiu está comunidade xa non é necesaria, a de mozdev.org. Polo que
>>> atopei ao buscar polo sitio, parece que non está moi activo e que
>>> tempo atrás se propuxo un cambio nos líderes do proxecto e non sei
>>> como acabou. Se ao final nadie colleu os rendas ou si, pero eles non
>>> dan señais de vida.
>>>
>>> Xa fai tempo creei un bug para que nos activaran unha conta de drupal
>>> integrada co noso sitio pero non responden. Volvín a insistir e nada.
>>> O outro día din de alta un usuario no seu drupal para que o activarán
>>> e non obtiven resposta.
>>>
>>> Nestes momentos como coordinador do equipo galego propoño a creación
>>> dun novo blog ou sitio para o equipo. Gustaríame que tiveramos un
>>> sitio propio, moderno e actualizado en trasno, que podería ser:
>>> mozilla.trasno.org e ter varios derivados, en plan firefox.trasno.org,
>>> thunderbird.trasno, navegador.trasno.org, correo.trasno.org, ...
>>> Teríamos que solicitalo pero supoño que non haberá moito problema.
>>> Drupal é moi fácil de xestionar e con tempo teríamos un modelo para as
>>> nosas páxinas. En galician.mozdev.org conservaríamos a rolda de correo
>>> e teríamos, ou ben unha redireción cara o novo sitio ou unha ligazón
>>> indicando a rolda está aquí e o sitio web aquí.
>>>
>>> Votos a favor para montar un novo sitio (en principio en Trasno, se
>>> nos aceptan a solicitude).
>>>
>>
>> +1
>> Na miña opinión, con ter un único sitio mozilla.trasno.net xa abonda
>
> En caso de mover de sitio son da idea de ter un única só xa que se
> trata da tradución dos produtos de Mozilla.
>
>>> Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
>>> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
>>> a  actualización do sitio e o mantemento futuro.
>>>
>>> Eu non me vexo capacitado para tal tarefa. Agora teño acceso ou tiña a
>>> través da conta de grueiro, que moi amablemente me cedeu mentres non
>>> me creaba a miña, e ata me solicitou unha pra min, pero desde
>>> mozdev.org non responden. Ou pasan ou non hai ninguén xestionando o
>>> sitio.
>>>
>>> Este tema urxe, co que espero as vosas opinións.
>>>
>>> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a