2011/4/7 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> eu penso como o resto que unha páxina soa chega, pero creo que sería mellor
> mantela co dominio mozdev.org e non co do trasno.net
>
> O de mozdev.org, dalle oficialidade e independencia, como di ifrit  non ten
> nada de malo o dominio do trasno, pero creo que se temos o de mozdev mellor
> usar ese.

Sen ánimo de nada, a verdade, pero parece que esquecedes o que Enrique
comentou ao principio do fío.

Mozdev.org non é Mozilla (http://www.mozdev.org/about.html)

Polo contrario, desde o 2009 a cousa debeu perder o rumbo totalmente.

"After much debate, it was decided that there was no longer a need for
a non-profit to support the community and that future decisions should
be left up to community members who use the site's services.
In 2010, our main priority is to wind-down the non-profit Mozdev
Community Organization and hand back the site to the community. Our
hope is that the site will
continue to stay running and flourish with this new structure.

Cun remanente de $24.000, a infraestrutura e dominios poden tirar uns
anos (xa van alá 2) pero se non hai xente a cargo ou como di Enrique,
non dan sinais de vida, non vexo como podemos confiar no futuro do
sitio e menos en obter apoio para un drupal ou semellante. O de menos
é o nome de dominio. Por independencia tamén esta comunidade pode
adquirir e xestionar un dominio propio e aboar un hosting.

Por certo, Trasno é un proxecto en si mesmo e non xestiona ningún
proxecto de localización (nin Gnome, Ubuntu, OOo.org, LibreOffice,
etc.). Tampouco xestionará Mozilla. Eu estaría en contra diso.
Limítase a dar apoio e acubillo aos voluntarios das distintas
comunidades. As actividades de Trasno, incluso como asociación, son
outras.

O que quero dicir é que un hipotético mozilla.trasno.net é só un
instrumento, como se fose mozilla.wordpress.com ou
mozilla.blogspot.com. Algo máis acaído ca estes en todo caso, e
ademais, moi importante para o caso, co control garantido para esta
comunidade galega de mozilla.

Para a Mozilla a oficialidade é só a súa e logo a persoal que queiran
darlle a cada colaborador, a título persoal. A oficialidade da
comunidade galega xa é a que nos nos queiramos dar pero non perdamos o
fío do tema.

Permítome facer unha pregunta directa, na que me inclúo: Hai alguén
voluntario para xestionar a actualización que vexa as garantías
suficientes en mozdev.org?

"Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
a  actualización do sitio e o mantemento futuro."

A miña opinión final é que o ideal sería poder obter un
redireccionamento do dominio, de modo que http://galician.mozdev.org/
cargase un sitio xestioando nun servidor que poida controlar a
comunidade mozilla galega. Esa posibilidade darianola a infraestrutura
de Trasno. Se non é posible este ideal, creo que non, entón
mozilla.trasno.net paréceme a mellor opción, deixando un aviso sobre
galician.mozdev.org. En último lugar estaría o dominio e/ou aloxamento
propio. De todas todas, ten que haber xente que o xestione e será
xente que debe optar. Entendo que Enrique se animaría a manter un
drupal con novidades e tal, ou as páxinas correspondentes en Trasno. E
a lista de coordinación tal cal como agora pero se pode ser con alguén
novo xestionándo á par de Enrique.

Digo isto e tamén digo que, lamentablemente, eu non podo asumir
ningunha tarefa neste sentido.

Antón Méixome



>
> Saúdos.
>
> David
>
> 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>
>> Boas.
>>
>> A idea é meter unha redirección desde o outro lado. Para a xente
>> debería ser transparente.
>>
>> Eu dicía o de varios subdominios polo da facilidade. Aínda que todos
>> leven ao mesmo sitio. A xente soe buscar así, firefox, navegador, ...
>> e así chegaban mellor, ou polo directamente no navegador.
>>
>> Vexo que a xente non opina. Como xa se fixo noutras ocasións, o
>> silencio entenderase como que estades dacordo.
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>> >
>> >
>> > 2011/4/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>> >>
>> >> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>> >> > A páxina en mozdev.org o único que ten de bo é que está nun dominio
>> >> > de
>> >> > Mozilla, cousa que dá como unha certa "oficialidade" ó proxecto.
>> >> > Habería
>> >> > que
>> >> > mirar o que fan outras comunidades (creo que ninguén usa mozdev...)
>> >> > A opción de trasno.net semella a máis sinxela, cómoda e a man que
>> >> > temos.
>> >> > Pero o problema que ten é que levaría "trasno" no enderezo. Vale que
>> >> > tanto o
>> >> > coordinador como máis da metade dos membros activos da comunidaden
>> >> > son
>> >> > trasneiros, pero non sei ata que punto ese nivel de identificación é
>> >> > recomendábel. Habería que discutilo un pouco más ;)
>> >> > Apuntádeme como voluntario para actualiación do sitio.
>> >>
>> >> Home tampouco será tan grave que se identifique ao proxecto de
>> >> localización dos produtos de Mozilla con Trasno, estean varios dos
>> >> colaboradores metidos no Proxecto Trasno ou non, digo eu :)
>> >>
>> >> Nin que o proxecto Trasno fora unha secta de devoradores de gatiños.
>> >
>> > Non digo que sexa nada malo nin moito menos ;) e máis coñecendo todo o
>> > que
>> > se leva feito e se fai dende a asociación. Simplemente é unha reflexión
>> > sobre independencia.
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Galician mailing list
>> >> Galician en mozdev.org
>> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > ====================
>> > http://about.me/ifrit
>> > ====================
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > Galician en mozdev.org
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>> >
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

Responderlle a