2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
> Ola a todos.
>
> Como sabedes, o sitio oficial do equipo galego de localización dos
> produtos de mozilla está sen actualizar. O sistema é bastante arcaico
> e a miña impresión é que a cousa está parada. Que a razón pola que
> surxiu está comunidade xa non é necesaria, a de mozdev.org. Polo que
> atopei ao buscar polo sitio, parece que non está moi activo e que
> tempo atrás se propuxo un cambio nos líderes do proxecto e non sei
> como acabou. Se ao final nadie colleu os rendas ou si, pero eles non
> dan señais de vida.
>
> Xa fai tempo creei un bug para que nos activaran unha conta de drupal
> integrada co noso sitio pero non responden. Volvín a insistir e nada.
> O outro día din de alta un usuario no seu drupal para que o activarán
> e non obtiven resposta.
>
> Nestes momentos como coordinador do equipo galego propoño a creación
> dun novo blog ou sitio para o equipo. Gustaríame que tiveramos un
> sitio propio, moderno e actualizado en trasno, que podería ser:
> mozilla.trasno.org e ter varios derivados, en plan firefox.trasno.org,
> thunderbird.trasno, navegador.trasno.org, correo.trasno.org, ...
> Teríamos que solicitalo pero supoño que non haberá moito problema.
> Drupal é moi fácil de xestionar e con tempo teríamos un modelo para as
> nosas páxinas. En galician.mozdev.org conservaríamos a rolda de correo
> e teríamos, ou ben unha redireción cara o novo sitio ou unha ligazón
> indicando a rolda está aquí e o sitio web aquí.
>
> Votos a favor para montar un novo sitio (en principio en Trasno, se
> nos aceptan a solicitude).
>

+1
Na miña opinión, con ter un único sitio mozilla.trasno.net xa abonda


> Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
> a  actualización do sitio e o mantemento futuro.
>
> Eu non me vexo capacitado para tal tarefa. Agora teño acceso ou tiña a
> través da conta de grueiro, que moi amablemente me cedeu mentres non
> me creaba a miña, e ata me solicitou unha pra min, pero desde
> mozdev.org non responden. Ou pasan ou non hai ninguén xestionando o
> sitio.
>
> Este tema urxe, co que espero as vosas opinións.
>
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

Responderlle a