A páxina en mozdev.org o único que ten de bo é que está nun dominio de
Mozilla, cousa que dá como unha certa "oficialidade" ó proxecto. Habería que
mirar o que fan outras comunidades (creo que ninguén usa mozdev...)

A opción de trasno.net semella a máis sinxela, cómoda e a man que temos.
Pero o problema que ten é que levaría "trasno" no enderezo. Vale que tanto o
coordinador como máis da metade dos membros activos da comunidaden son
trasneiros, pero non sei ata que punto ese nivel de identificación é
recomendábel. Habería que discutilo un pouco más ;)

Apuntádeme como voluntario para actualiación do sitio.

Unha aperta,
ifrit

2011/4/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>

> 2011/4/6 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
> > 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
> >> Ola a todos.
> >>
> >> Como sabedes, o sitio oficial do equipo galego de localización dos
> >> produtos de mozilla está sen actualizar. O sistema é bastante arcaico
> >> e a miña impresión é que a cousa está parada. Que a razón pola que
> >> surxiu está comunidade xa non é necesaria, a de mozdev.org. Polo que
> >> atopei ao buscar polo sitio, parece que non está moi activo e que
> >> tempo atrás se propuxo un cambio nos líderes do proxecto e non sei
> >> como acabou. Se ao final nadie colleu os rendas ou si, pero eles non
> >> dan señais de vida.
> >>
> >> Xa fai tempo creei un bug para que nos activaran unha conta de drupal
> >> integrada co noso sitio pero non responden. Volvín a insistir e nada.
> >> O outro día din de alta un usuario no seu drupal para que o activarán
> >> e non obtiven resposta.
> >>
> >> Nestes momentos como coordinador do equipo galego propoño a creación
> >> dun novo blog ou sitio para o equipo. Gustaríame que tiveramos un
> >> sitio propio, moderno e actualizado en trasno, que podería ser:
> >> mozilla.trasno.org e ter varios derivados, en plan firefox.trasno.org,
> >> thunderbird.trasno, navegador.trasno.org, correo.trasno.org, ...
> >> Teríamos que solicitalo pero supoño que non haberá moito problema.
> >> Drupal é moi fácil de xestionar e con tempo teríamos un modelo para as
> >> nosas páxinas. En galician.mozdev.org conservaríamos a rolda de correo
> >> e teríamos, ou ben unha redireción cara o novo sitio ou unha ligazón
> >> indicando a rolda está aquí e o sitio web aquí.
> >>
> >> Votos a favor para montar un novo sitio (en principio en Trasno, se
> >> nos aceptan a solicitude).
> >>
> >
> > +1
> > Na miña opinión, con ter un único sitio mozilla.trasno.net xa abonda
>
> En caso de mover de sitio son da idea de ter un única só xa que se
> trata da tradución dos produtos de Mozilla.
>
> >> Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
> >> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
> >> a  actualización do sitio e o mantemento futuro.
> >>
> >> Eu non me vexo capacitado para tal tarefa. Agora teño acceso ou tiña a
> >> través da conta de grueiro, que moi amablemente me cedeu mentres non
> >> me creaba a miña, e ata me solicitou unha pra min, pero desde
> >> mozdev.org non responden. Ou pasan ou non hai ninguén xestionando o
> >> sitio.
> >>
> >> Este tema urxe, co que espero as vosas opinións.
> >>
> >> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110406/e1152275/attachment.html>

Responderlle a