2011/4/6 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
> 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
>> Ola a todos.
>>
>> Como sabedes, o sitio oficial do equipo galego de localización dos
>> produtos de mozilla está sen actualizar. O sistema é bastante arcaico
>> e a miña impresión é que a cousa está parada. Que a razón pola que
>> surxiu está comunidade xa non é necesaria, a de mozdev.org. Polo que
>> atopei ao buscar polo sitio, parece que non está moi activo e que
>> tempo atrás se propuxo un cambio nos líderes do proxecto e non sei
>> como acabou. Se ao final nadie colleu os rendas ou si, pero eles non
>> dan señais de vida.
>>
>> Xa fai tempo creei un bug para que nos activaran unha conta de drupal
>> integrada co noso sitio pero non responden. Volvín a insistir e nada.
>> O outro día din de alta un usuario no seu drupal para que o activarán
>> e non obtiven resposta.
>>
>> Nestes momentos como coordinador do equipo galego propoño a creación
>> dun novo blog ou sitio para o equipo. Gustaríame que tiveramos un
>> sitio propio, moderno e actualizado en trasno, que podería ser:
>> mozilla.trasno.org e ter varios derivados, en plan firefox.trasno.org,
>> thunderbird.trasno, navegador.trasno.org, correo.trasno.org, ...
>> Teríamos que solicitalo pero supoño que non haberá moito problema.
>> Drupal é moi fácil de xestionar e con tempo teríamos un modelo para as
>> nosas páxinas. En galician.mozdev.org conservaríamos a rolda de correo
>> e teríamos, ou ben unha redireción cara o novo sitio ou unha ligazón
>> indicando a rolda está aquí e o sitio web aquí.
>>
>> Votos a favor para montar un novo sitio (en principio en Trasno, se
>> nos aceptan a solicitude).
>>
>
> +1
> Na miña opinión, con ter un único sitio mozilla.trasno.net xa abonda

En caso de mover de sitio son da idea de ter un única só xa que se
trata da tradución dos produtos de Mozilla.

>> Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
>> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
>> a  actualización do sitio e o mantemento futuro.
>>
>> Eu non me vexo capacitado para tal tarefa. Agora teño acceso ou tiña a
>> través da conta de grueiro, que moi amablemente me cedeu mentres non
>> me creaba a miña, e ata me solicitou unha pra min, pero desde
>> mozdev.org non responden. Ou pasan ou non hai ninguén xestionando o
>> sitio.
>>
>> Este tema urxe, co que espero as vosas opinións.
>>
>> Un saúdo.

Responderlle a