Boas.

Moi necesario e ben certo que hai outras comunidades que o fan, ahí
está o proxecto Nave, todo un exemplo.

En Mozilla pódense traducir moitas cousas, pero todo require a súa
implicación, aquí non se leva o de traduzo durante unha tempada porque
me apetece e agora paro. Para traducir os stios fai falta tempo e
comprometerse, pero para algunhas cousas exixen menos.

Eu estou tentando atender demasiadas cousas e non dou. O tema de
documentación, igual ca outros proxectos se pode levar a través de
Verbatim (unha especie de pottle) -- https://localize.mozilla.org/gl/
-- ou iso creo. Se fora o caso, aquí a tradución é máis levadeira,
aínda que nos leva dado moitos problemas, xa que se ten cargado máis
dunha tradución. Habendo voluntarios, pódense solicitar os proxectos e
darlles permisos a xente que vai traducir para que non só fagan
suxestións, senón que poidan aprobar as cadeas, cousa que por agora si
podo facer eu en determinados proxectos como se ven nesa ligazón.

Pero fai falta xente que dea o paso e se comprometa a facer o traballo
diario e non de forma esporádica. Xa que hai que seguir roldas de
correo, solicitar os proxectos, facer as traducións, enviar os
cambios, día a día.

Saúdos.

2011/7/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> Boas!
>
> Co tema este dos vídeos comprobamos algo do que xa levamos tempo
> falando: que aquí hai bastante xente con ganas de traducir pero que a
> organización, o tempo e Mozilla non lles dá a oportunidade.
>
> A verdade é que é un pouco triste ter todo este potencial aí parado...
>
> O outro día ascárida preguntábase en Twitter
> (http://twitter.com/#!/ascarida/status/92191014919487488) da
> necesidade ou non de traducir isto
> http://www.w3.org/wiki/Web_Standards_Curriculum Eu díxenlle que por
> aquí ó mellor habería xente interesada en facelo, pero ela recordoume
> que Mozilla tamén ten unha chea de documentación que se podería
> traducir: https://developer.mozilla.org/en-US/
>
> "Ou: queridos galegos, é ben traducir contido ou só os menús das
> aplicacións? precisamos contido técnico en galego ou xa sabemos
> inglés?" (http://twitter.com/#!/ascarida/status/92195691631349760)
>
> Que vos parece? É necesario? Habería xente interesada en facelo?
>
> Un saúdo,
> ifrit
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a