Pois entón... Hai xente aquí na rolda que se comprometa coa tradución
de documentación? E algún que se comprometa un pouco máis e se
responsabilice de levar o tema de coordinación para que Keko non teña
que estar en máis roldas de correo e esas cousas?

2011/7/21 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Boas.
>
> Moi necesario e ben certo que hai outras comunidades que o fan, ahí
> está o proxecto Nave, todo un exemplo.
>
> En Mozilla pódense traducir moitas cousas, pero todo require a súa
> implicación, aquí non se leva o de traduzo durante unha tempada porque
> me apetece e agora paro. Para traducir os stios fai falta tempo e
> comprometerse, pero para algunhas cousas exixen menos.
>
> Eu estou tentando atender demasiadas cousas e non dou. O tema de
> documentación, igual ca outros proxectos se pode levar a través de
> Verbatim (unha especie de pottle) -- https://localize.mozilla.org/gl/
> -- ou iso creo. Se fora o caso, aquí a tradución é máis levadeira,
> aínda que nos leva dado moitos problemas, xa que se ten cargado máis
> dunha tradución. Habendo voluntarios, pódense solicitar os proxectos e
> darlles permisos a xente que vai traducir para que non só fagan
> suxestións, senón que poidan aprobar as cadeas, cousa que por agora si
> podo facer eu en determinados proxectos como se ven nesa ligazón.
>
> Pero fai falta xente que dea o paso e se comprometa a facer o traballo
> diario e non de forma esporádica. Xa que hai que seguir roldas de
> correo, solicitar os proxectos, facer as traducións, enviar os
> cambios, día a día.
>
> Saúdos.
>
> 2011/7/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>> Boas!
>>
>> Co tema este dos vídeos comprobamos algo do que xa levamos tempo
>> falando: que aquí hai bastante xente con ganas de traducir pero que a
>> organización, o tempo e Mozilla non lles dá a oportunidade.
>>
>> A verdade é que é un pouco triste ter todo este potencial aí parado...
>>
>> O outro día ascárida preguntábase en Twitter
>> (http://twitter.com/#!/ascarida/status/92191014919487488) da
>> necesidade ou non de traducir isto
>> http://www.w3.org/wiki/Web_Standards_Curriculum Eu díxenlle que por
>> aquí ó mellor habería xente interesada en facelo, pero ela recordoume
>> que Mozilla tamén ten unha chea de documentación que se podería
>> traducir: https://developer.mozilla.org/en-US/
>>
>> "Ou: queridos galegos, é ben traducir contido ou só os menús das
>> aplicacións? precisamos contido técnico en galego ou xa sabemos
>> inglés?" (http://twitter.com/#!/ascarida/status/92195691631349760)
>>
>> Que vos parece? É necesario? Habería xente interesada en facelo?
>>
>> Un saúdo,
>> ifrit
>>
>> --
>> ====================
>> http://about.me/ifrit
>> ====================
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================

Responderlle a