Boas.

Algún voluntario para traducir esta páxina que é importante para a
xente de Mozilla.

http://www.mozilla.org/gl/foundation/annualreport/2011/

Eu estou desbordado, xa non consigo manter ao día os repositorios,
podedelo comprobar aquí. E mañá hai migración nos repositorios, xa que
o martes publican as novas versións.

https://l10n.mozilla.org/teams/gl

Non teño tempo, estou meditando deixar a coordinación do proxecto, así
que nalgún momento solicitarei voluntarios para coller o relevo. Un
dos obxectivos que me marquei era saber como traballar na localización
de Mozilla e preparar un método de traballo para que poiderades
colaborar e non o conseguín. Así que tras máis de dous anos, ao mellor
outra persoa terá que coller o relevo.

Saúdos.
_______________________________________________
Galician mailing list
[email protected]
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a