Ola.

O proceso de xestión da localización dos produtos de Mozilla, non está
documentado. Eu estaba niso, pero non teño nunca tempo para ordealo e
darlle forma. Eles teñen explicado en inglés como facelo, pero non é
trivial entendelo, ou a min non me resultou doado.

O importante é saber se hai un voluntario, xa que despois xa me
encargo eu de que aprenda e de presentalo como o meu relevo, e unha
vez que o acepten, eu xa non serei necesario para remitir as
traducións aos repositorios.

Con respecto a tradución, depende do que se traduza. Eu agora estou
pedindo un voluntario para traducir esa páxina web. A tradución terá
que facela con OmegaT. Xa me encargo de enviarlle un proxecto creado e
cos recursos necesarios para seguir o estilo, vexas tmx e tbx
configurada no propio proxecto.

Salvo os complementos que non me encargo de traducilos, xa que se
traducen nun sistema aparte a algún proxecto que se traduce desde un
pootle que ten montado mozilla, o resto traducese en local, cada
equipo como queira, pero un coordinador ten que subir as traducións
aos respositorios usando mercurial.

Saúdos.


2012/11/18 Roi González Villa <[email protected]>:
> Ola,
> A que te refires con documentado? A se traducín en algún sitio?
> Pois traducín o Facebook ó galego, tamén a Wikipedia, chámome Vivaelcelta.
>
> Aquí sodes os engados do corrector ortográfico en galego do Firefox?
> Falei con Miguel Branco sobre engadir os nomes propios de persoas en
> galego e castelán e os nomes de de empresas, aplicacións, canles de
> televisión, como Google, Facebook, Firefox, Telecinco....
> A vos que vos parece? Se queredes axuda a engadir estas palabras.
>
> E tamén me dixo que iades sacar unha nova versión do corrector
> ortográfico. Entón cando a ides a sacar? Eu espero que antes de fin de
> ano.
>
> E o "ola" con h de antes foi un lapsus.
>
> Saúdos,
>
> 2012/11/18 Leandro Regueiro <[email protected]>:
>> 2012/11/18 Roi González Villa <[email protected]>:
>>> Hola,
>>>
>>> Como fago para rexistrarme?
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>> 2012/11/18 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>:
>>>> Boas.
>>>>
>>>> Algún voluntario para traducir esta páxina que é importante para a
>>>> xente de Mozilla.
>>>>
>>>> http://www.mozilla.org/gl/foundation/annualreport/2011/
>>>>
>>>> Eu estou desbordado, xa non consigo manter ao día os repositorios,
>>>> podedelo comprobar aquí. E mañá hai migración nos repositorios, xa que
>>>> o martes publican as novas versións.
>>>>
>>>> https://l10n.mozilla.org/teams/gl
>>>>
>>>> Non teño tempo, estou meditando deixar a coordinación do proxecto, así
>>>> que nalgún momento solicitarei voluntarios para coller o relevo. Un
>>>> dos obxectivos que me marquei era saber como traballar na localización
>>>> de Mozilla e preparar un método de traballo para que poiderades
>>>> colaborar e non o conseguín. Así que tras máis de dous anos, ao mellor
>>>> outra persoa terá que coller o relevo.
>>
>> Ola,
>> tes documentado nalgures o proceso?
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> [email protected]
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> [email protected]
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
_______________________________________________
Galician mailing list
[email protected]
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a