Ola. > Iso de documentar os procesos e ir formando co-coordinadores era unha das > cousas nas que eu insistía cando foi o último relevo, pero entendo que o > tempo non dá para todo. De todas maneiras, se hai documentación completa en > inglés, non debería haber problema.
A min costoume e tampouco teño moi claro se o fago ben, pero vouno facendo. Bueno, ultimamente non fago, teño pendente moitas cousas, é fácil comprobalo xa que agora está todo unificado, o problema e que cada non moito tempo as cousas cambian, aínda que agora xa levamos tempo sen cambios. https://l10n.mozilla.org/teams/gl >> O importante é saber se hai un voluntario, xa que despois xa me >> encargo eu de que aprenda e de presentalo como o meu relevo, e unha >> vez que o acepten, eu xa non serei necesario para remitir as >> traducións aos repositorios. >> > Eu teño interese e motivación, pero pouco tempo. Tes unha estimación das > horas que lle dedicas por semana ou por día desde que asumiche a > coordinación? Home. Podo darche cifras pero todo dependerá de como traballe un, da súa rapidez e do meticuloso que sexa. Os datos que teño son, para cada 6 semanas, no que se refire a tradución de cadeas directas, só dos aplicativos, nada de páxinas web e a carga de traballo sempre centrada na semana da publicación das novas versións: Entre os tres repositorios, comm-central, comm-aurora e comm-beta, todos os aplicativos, firefox, firefox mobile, thunderbird, seamonkey e calendar (aínda non comecei con gaia que é o sistema operativo de mozilla), entre 90 e 110 bugs, entre 15 e 25 horas de traballo, entre 180 e 220 ficheiros que hai tocar (aquí normalmente refírese aos mesmos ficheiros), unhas 600-800 cadeas (novas, modificadas ou retiradas), entre 4000-5000 palabras. Pero hai máis cousas que facer como páxinas web, probar as traducións, seguir as listas de correo, corrixir erros, etc, ..., no meu caso preciso un mínimo de 5 horas semanais e para levalo ben, unhas 10 horas, tempo que nunca cheguei a invertir. Eu coido que unha hora de traballo ao día é o ideal, todos os días, para que non se acumule choio, por iso precisase constancia. Ultimamente vai todo a base de atracóns, cada seis semanas estou facendo dous findes intensivos, de máis de 15 horas cada un, para pór todo ao día, unha matada. >> Con respecto a tradución, depende do que se traduza. Eu agora estou >> pedindo un voluntario para traducir esa páxina web. A tradución terá >> que facela con OmegaT. Xa me encargo de enviarlle un proxecto creado e >> cos recursos necesarios para seguir o estilo, vexas tmx e tbx >> configurada no propio proxecto. > > > Síntoo, non vin isto antes. Se non tes ninguén, podo ocuparme eu, pero > necesito saber antes cal é o prazo. Non teño nin idea. Non investiguei, xa que para iso teño que resolver primeiro as cadeas das interfaces dos aplicativos, senón teremos problemas coas próximas versións. Estes días estiven investigando un problema que tiña unha persoa co Firefox en galego desde a páxina de Ingdirect, que non podía facer transferencias, pero ao final era culpa da páxina de Ingdirect e non da nosa localización. A ver se agora que acabo o contrato na OSL do CIXUG, teño tempo para pór todo ao día e se anima alguéna coller o relevo, pero que sepa que vai ter moito curro. E ademais Mozilla non acepta tan pronto o relevo, a min levoume case un ano, pero supoño que desta vez o conseguerimos moito antes. Pero é unha gran responsabilidade e vai ter moito traballo, ás veces hai picos de traballlo moi grandes e as cousas teñen que ser para xa, senón non entras nas releases oficiais. Saúdos. _______________________________________________ Galician mailing list [email protected] https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
