O luns, 4 de marzo de 2019 22:22:46 CET Antón Méixome escribiu:
> Non se falou diso
> 
> Hai unha serie de palabras que van saíndo e están relacionadas
> 
> iconas → emoticona → emoji → animojis (gráficos animados, cada vez máis
> vinculados á publicidade e márquetin de empresas concretas. De aí nomes
> propios de iconas específicas só hai un paso) → memojis
> Exemplo
> Apple Animoji
> https://www.applesfera.com/ios/animojis-podrian-cambiar-nuestra-voz-expresio
> nes-sonidos-propios-patente-apple
> 
> Para min que todo queda englobado en "cariñas" ou en iconas clásicas ou
> gráficas.
> 
> https://academia.gal/dicionario/-/termo/cari%C3%B1a
> 
A min como adaptación só se me ocorre «emotimaxe», quedando a cousa en algo 
como «icona → emoticona → emotimaxe → animaxe».

Pero a verdade é que non me convence moito. De momento eu tamén tiro do termo 
inglés «emoji».

> Non vexo necesidade nin sequera de adaptar "emoji" porque xa temos palabras
> para referirnos a elas. Eu trataría estas palabras como estranxeirismos
> puros, tal cal.
> 
> O ven., 1/03/2019 ás 10:38, Miguel Bouzada (<mbouz...@gmail.com>) escribiu:
> > Cando estaba sen acceso a esta lista, comentouse algunha vez algo sobre
> > como traducir «emoji»?
> > 
> > Se non se fixo, alguén ten algunha proposta, ou no caso de transliterar,
> > mantemos o «j» ou cambiámolo polo «x»
> > 
> > --
> > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> > http://galpon.org
> > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> > 
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> > proxecto@trasno.gal
> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> > Trasno
> > - Cancelar a subscrición  no URL:
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4682&h=be7f898e202af972
> > 04db5e973762b58050383d7f&sa=907241284
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL :
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4775&h=bbbbafd3c285f97aa
> 5e2ca68be67d81e7173e993&sa=614377774





- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4777&h=50a0cd72f8df352c5a9f3d86e2f0970dd659fb5b&sa=407356598

Responderlle a