Isto non ten nin pés nin cabeza

Vaiche boa

Así non hai quen traballe

Creo que non me deixo nada

É unha boa nova pra vos

Non che é tan fácil como semella

Como ti vexas

Eu levo o coche, que está orballando

Queres que te achegue?

Disque atoparon morto ó veciño do baixo

Tanta paz leve como descanso deixa

Na última xunta do portal liouse a trompazos co administrador

Esta xentiña non che ten remedio

Cando marchades pra Bogotá?

A ver se hai sorte e vos arranxan os pasaportes no consulado

Boa viaxe

Ide a modiño pra chegardes logo

Caeu unha boa, pero xa escampou

Tan sequera non vai frío

Frío non se fai que xa vén feito

Hai ben tempo que non comía tan ben

Media leva

Qué remedio

Onde puxeche-lo móbil?

Miraches se quedara na casa?

Mira que leve-las chaves, os cartos e o carné

Daquela, que? En que quedou a cousa?

Xantaches ou fágoche algo?

Ti non facia-los anos en decembro?

Cada vez que te vexo estás máis bonita

Trinta e tres, os anos de Cristo menos un mes

Na residencia de Carballo teñen un gromo con máis de 20 mortos

Diminúe a presión hospitalaria, pero segue a ser moi elevada

Viñeron uns refachos de vento que case tiran co tellado

Tede coidado nos cantís e no paseo, que hai mar de fondo

Pois entre a auga e a cantidade de xente que hai, o camiño do río é unha
lameira

Puxeron a convocatoria pro vindeiro martes

O Coruxo deulle unha boa malleira ó Deportivo

Os de Abanca chimparon ó consello de administración do Depor

Fixeron ben que son unha banda de inútiles

A min iso do fútbol tenme aburrida

Esta nena é unha laverca, vai contando por aí todo o que digo

Non cala nin debaixo da auga

Andan os da Voz outra vez ás voltas cos ocupas

Xa me gustaría a min que me vacinaran

O pobre Gael non quixo ir á biblioteca porque había un neno que non é da
súa burbulla

Estanme a sair ronchas nas mans de tanto xel hidroalcohólico

Non hai maneira de que este carallo se conecte á wifi

E vos ónde ides pasa-la fin de semana?

Mira qué ocorrente, pois estou dubidando se na cama ou no sofá

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7214&h=27441700dec089e1dd1399457c093f380b189872&sa=1742358854

Responderlle a