procesado O mar., 9 de feb. de 2021 ás 19:43, Esteban Souto (<[email protected]>) escribiu: > > Boas! > Envíovos unhas frases para o proxecto. Espero que vos sexan útiles. > > Non vaias por aí, que vas encher os pés de lama. > Por non erguerme cedo, acabei perdendo o bus. > Cada vez téñolle máis manía a esa xente. > Hoxe estás ben guapo! > Se hai novidades avísame, por favor, que quero estar ao tanto. > Quedou unha foto moi xeitosa, e iso que non a preparei. > Cal é a túa comida preferida? A miña é o cocido. > Pódesme axudar? Estou a buscar os baños e non os atopo. > Canto me dixeches que lles custara a ferramenta? > Estiven unha semana de vacacións, e non houbo día que non chovese. > Moita leria, pero cando hai que vir traballar non aparece ninguén. > Temos que ir ao súper, que xa non nos queda froita nin leite. > Que che dixeron no banco sobre o préstamo? > Xa lle dixen que non lle penso axudar, que non vai valer para nada. > Tanto teimou, que acabaron deixando que o fixese ela. > Di que non lle gustan os paxaros, pero eu sei que ten un papagaio na casa. > Ás nove e media vai ser moi tarde para pasar a recollela. > Que sexa a última vez que me chegas feito un cristo. > Foron xuntos na moto ata a praia que hai pasando a ponte. > Os do taller chamaron para dicirlle que o coche xa estaba arranxado, pero non > tiña o móbil enriba. > Teu curmán non para de subir fotos íntimas a internet. Calquera día vai ter > un desgusto. > Moito me gustan as películas de animación que sacan ultimamente. > Non hai cousa que máis lle moleste cós meus berros de alegría. > Trouxo unha chea de noces, pero ningunha valía para facer a torta. > Vestirte así non che vai servir para nada nese traballo. > A María acabóuselle o paro e non sabe que vai facer a partir de agora. > Todas as veces que recolleu a mesa foi por quedar ben con ela. > Hoxe na tele non hai nada que pague a pena, coma sempre. > Liches a noticia? Xa non imos poder seguir co noso plan. > A amiga esa que me comentaches hai moito tempo que non a vexo. > Coitado! Leva tido tan mala sorte! > Podes coller a corda por esa punta? Eu non lle chego. > Debín de perder as chaves polo camiño, e agora a ver como facemos para volver. > E por que non o mandaches á merda? Era o que merecía. > As persoas que se presentaron ao exame o ano pasado tivérono máis fácil. > Quen queira comer, que colla o prato e se sirva. > Non me estraña que non lle deixe o coche; vai sempre coma un foguete. > Déixalle o mando a túa irmá, que ti levas todo o día con el. > Miña nai dicía que non quería un can, pero agora non para de xogar con el. > Se tes pensado ir vivir a Alemaña, máis che vale estudar o seu idioma. > Ai, que mala sorte temos! Non acertamos nunca á primeira. > Que nolo pidas unha vez, vale, pero dúas xa é abusar. > Coñecéronse hai dous meses, pero xa están pensando en casar. > Fai favor de recoller iso que deixou o teu can atrás. > As que teñan un número impar, que se poñan nesta fila. > Á noitiña é cando se pon coa consola, así que non contes con ela a esa hora. > Non deberías tomar tan en serio o número de seguidores en Instagram. > > > Saúdos. > > -- > Esteban Souto Bargiela > www.estebansouto.com > [email protected] > +34 615 566 448 > Instagram: @esteban.souto > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7216&h=062d83f664d1fd5b1811c52803d8a719aaf44da2&sa=1214916993
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7222&h=827b03336a62b1d08aedee8c84cfb735866c29ce&sa=1648932566
