procesado

O ven., 12 de feb. de 2021 ás 18:39, Antón Méixome
(<[email protected]>) escribiu:
>
> Bravo!
>
> O 16:41, ven., 12/02/2021, Esteban Souto <[email protected]> escribiu:
>>
>> Boas.
>> Aí van outras 50 frases:
>>
>> Esquecín apagar o televisor e agora vai quedar facendo ruído durante horas.
>> Uxía cociña moi ben, e cada cousa que prepara sabe a gloria.
>> A médica de cabeceira díxome que non tiña nada grave e que chega con que 
>> tome uns calmantes.
>> Onte avarióuseme o ordenador e non sei como vou rematar o traballo que teño 
>> que entregar mañá.
>> Todas as ideas que tiveches ata agora non valeron de moito.
>> Moitas grazas por traer esas patacas, pero sabes que non facía falla que te 
>> tomases a molestia.
>> Foron tomar un vermú antes de xantar, pero non han tardar en volver.
>> Para outra cousa non, pero para colleres o mellor asento sempre estás atento.
>> Meu avó está quedando xordo e xa non é fácil conversar con el.
>> Que ganas tiña de coller a moto e ir dar unha volta para relaxarme!
>> A culpa non foi dela senón de quen lle deixou facelo.
>> Ese traballo falo co tractor nun momentiño.
>> Faime caso, que xa pasei por iso unha chea de veces.
>> Non che puiden enviar mensaxe ningunha porque quedei sen saldo.
>> Foron as súas mellores vacacións, seica, porque puideron deixar os fillos 
>> cos avós.
>> Ai, que carallo! Xa estamos outra vez co mesmo conto?
>> Bos días. Quere que lle axude con algo?
>> Non se che ocorra tomar ese medicamento, que caducou hai meses.
>> Podías darme uns consellos para ligar, que a ti dáseche ben.
>> Esta semana cambiei para a quenda de noite e estou escangallado.
>> Pero que cousa tan xeitosiña! Cantos meses dis que ten?
>> Non hai maneira de que recolla as súas cousas, e non será por repetirllo 
>> veces.
>> Chegaron tan bébedos que non daban acertado coa súa porta.
>> Foi unha mágoa que non gravases un vídeo da obra; estivo xenial.
>> Colleu a podre e deixou a sa. Máis parvo non se pode ser.
>> Señora Carme, deixe estar iso, que xa llo levo eu.
>> Cada vez que o Celta marca un gol ponse a berrar que o oen en todo o barrio.
>> Caeu do tellado cando subiu a arreglar a antena, e agora ten que ver a tele 
>> no hospital.
>> Meu rei, non te poñas así, que todo se ha arreglar.
>> Mira que che gusta ir de compras! Aínda fuches a semana pasada e xa queres 
>> volver.
>> O gando botou a correr pola veiga e non houbo maneira de collelo.
>> Cando vos dá por bailar non hai quen vos pare, como ten que ser.
>> Prefiro cear cedo, que se non, cando vou para a cama non dou durmido.
>> Xa tes que facer. A teu fillo acaba de caerlle o xeado na camisa.
>> Cando dixeches que tiñas que saír para o aeroporto?
>> Miña nai preparaba cocido todos os domingos, pero hai tempo que non o fai.
>> Hoxe fago 40 anos, así que non me veñas con bromas que non estou de humor.
>> Ía meterme na piscina, pero díxome Brais que está a auga conxelada, así que 
>> paso.
>> Pois están de xira, así que igual dan un concerto por aquí cerca e podemos 
>> ir velos.
>> Que di teu amigo que xa está farto de tanto museo, que el veu aquí para 
>> divertirse.
>> Teño que cubrir tamén os campos que están en gris no formulario?
>> Onte roubaron na casa dos veciños. Cres que deberiamos instalar unha alarma?
>> O xardín quedouvos espectacular. Cada canto cortades o céspede?
>> A mellor época para viaxar a ese país é na primavera, porque o resto do ano 
>> non hai quen aguante alí.
>> A tenda de campaña era pequena para tanta xente, pero acabamos por 
>> acostumarnos.
>> Non che consinto que lle fales así a túa nai.
>> Viches que maneira de correr? Ía cagado de medo.
>> Non dei feito con tanto cable, e acabei deixando todo como estaba.
>> Xa non temos idade para ir de botellón, non cres?
>> Se queres ir tomar unhas cervexas á noitiña, mándame un whatsapp.
>>
>>
>> Saúdos.
>>
>> --
>> Esteban Souto Bargiela
>> www.estebansouto.com
>> [email protected]
>> +34 615 566 448
>> Instagram: @esteban.souto
>>
>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
>> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
>> - Cancelar a subscrición  no URL: 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7276&h=5686642846af4c3198352c7e92642fe9e4ca8cda&sa=131533970
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7277&h=787b4a0961f7395f6afac549002f3bf27bd2a37a&sa=1894611783

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7282&h=fbd52a6497efe924d914363917acf5b705166ede&sa=1213535326

Responderlle a