procesado O mar., 9 de feb. de 2021 ás 15:06, Erika Castro (<[email protected]>) escribiu:
> > Isto non ten nin pés nin cabeza > > Vaiche boa > > Así non hai quen traballe > > Creo que non me deixo nada > > É unha boa nova pra vos > > Non che é tan fácil como semella > > Como ti vexas > > Eu levo o coche, que está orballando > > Queres que te achegue? > > Disque atoparon morto ó veciño do baixo > > Tanta paz leve como descanso deixa > > Na última xunta do portal liouse a trompazos co administrador > > Esta xentiña non che ten remedio > > Cando marchades pra Bogotá? > > A ver se hai sorte e vos arranxan os pasaportes no consulado > > Boa viaxe > > Ide a modiño pra chegardes logo > > Caeu unha boa, pero xa escampou > > Tan sequera non vai frío > > Frío non se fai que xa vén feito > > Hai ben tempo que non comía tan ben > > Media leva > > Qué remedio > > Onde puxeche-lo móbil? > > Miraches se quedara na casa? > > Mira que leve-las chaves, os cartos e o carné > > Daquela, que? En que quedou a cousa? > > Xantaches ou fágoche algo? > > Ti non facia-los anos en decembro? > > Cada vez que te vexo estás máis bonita > > Trinta e tres, os anos de Cristo menos un mes > > Na residencia de Carballo teñen un gromo con máis de 20 mortos > > Diminúe a presión hospitalaria, pero segue a ser moi elevada > > Viñeron uns refachos de vento que case tiran co tellado > > Tede coidado nos cantís e no paseo, que hai mar de fondo > > Pois entre a auga e a cantidade de xente que hai, o camiño do río é unha > lameira > > Puxeron a convocatoria pro vindeiro martes > > O Coruxo deulle unha boa malleira ó Deportivo > > Os de Abanca chimparon ó consello de administración do Depor > > Fixeron ben que son unha banda de inútiles > > A min iso do fútbol tenme aburrida > > Esta nena é unha laverca, vai contando por aí todo o que digo > > Non cala nin debaixo da auga > > Andan os da Voz outra vez ás voltas cos ocupas > > Xa me gustaría a min que me vacinaran > > O pobre Gael non quixo ir á biblioteca porque había un neno que non é da > súa burbulla > > Estanme a sair ronchas nas mans de tanto xel hidroalcohólico > > Non hai maneira de que este carallo se conecte á wifi > > E vos ónde ides pasa-la fin de semana? > > Mira qué ocorrente, pois estou dubidando se na cama ou no sofá > > > > > > > > > > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7214&h=f1a2be438afe73591ebd2d3753db16e8deea4d3c&sa=1941739075 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7220&h=62f8e3d5c747fc12f64a1ccc8d6ff1c0e1be49a3&sa=1988263989
