Boas.
Aí van outras 50 frases:

Esquecín apagar o televisor e agora vai quedar facendo ruído durante horas.
Uxía cociña moi ben, e cada cousa que prepara sabe a gloria.
A médica de cabeceira díxome que non tiña nada grave e que chega con que
tome uns calmantes.
Onte avarióuseme o ordenador e non sei como vou rematar o traballo que teño
que entregar mañá.
Todas as ideas que tiveches ata agora non valeron de moito.
Moitas grazas por traer esas patacas, pero sabes que non facía falla que te
tomases a molestia.
Foron tomar un vermú antes de xantar, pero non han tardar en volver.
Para outra cousa non, pero para colleres o mellor asento sempre estás
atento.
Meu avó está quedando xordo e xa non é fácil conversar con el.
Que ganas tiña de coller a moto e ir dar unha volta para relaxarme!
A culpa non foi dela senón de quen lle deixou facelo.
Ese traballo falo co tractor nun momentiño.
Faime caso, que xa pasei por iso unha chea de veces.
Non che puiden enviar mensaxe ningunha porque quedei sen saldo.
Foron as súas mellores vacacións, seica, porque puideron deixar os fillos
cos avós.
Ai, que carallo! Xa estamos outra vez co mesmo conto?
Bos días. Quere que lle axude con algo?
Non se che ocorra tomar ese medicamento, que caducou hai meses.
Podías darme uns consellos para ligar, que a ti dáseche ben.
Esta semana cambiei para a quenda de noite e estou escangallado.
Pero que cousa tan xeitosiña! Cantos meses dis que ten?
Non hai maneira de que recolla as súas cousas, e non será por repetirllo
veces.
Chegaron tan bébedos que non daban acertado coa súa porta.
Foi unha mágoa que non gravases un vídeo da obra; estivo xenial.
Colleu a podre e deixou a sa. Máis parvo non se pode ser.
Señora Carme, deixe estar iso, que xa llo levo eu.
Cada vez que o Celta marca un gol ponse a berrar que o oen en todo o barrio.
Caeu do tellado cando subiu a arreglar a antena, e agora ten que ver a tele
no hospital.
Meu rei, non te poñas así, que todo se ha arreglar.
Mira que che gusta ir de compras! Aínda fuches a semana pasada e xa queres
volver.
O gando botou a correr pola veiga e non houbo maneira de collelo.
Cando vos dá por bailar non hai quen vos pare, como ten que ser.
Prefiro cear cedo, que se non, cando vou para a cama non dou durmido.
Xa tes que facer. A teu fillo acaba de caerlle o xeado na camisa.
Cando dixeches que tiñas que saír para o aeroporto?
Miña nai preparaba cocido todos os domingos, pero hai tempo que non o fai.
Hoxe fago 40 anos, así que non me veñas con bromas que non estou de humor.
Ía meterme na piscina, pero díxome Brais que está a auga conxelada, así que
paso.
Pois están de xira, así que igual dan un concerto por aquí cerca e podemos
ir velos.
Que di teu amigo que xa está farto de tanto museo, que el veu aquí para
divertirse.
Teño que cubrir tamén os campos que están en gris no formulario?
Onte roubaron na casa dos veciños. Cres que deberiamos instalar unha alarma?
O xardín quedouvos espectacular. Cada canto cortades o céspede?
A mellor época para viaxar a ese país é na primavera, porque o resto do ano
non hai quen aguante alí.
A tenda de campaña era pequena para tanta xente, pero acabamos por
acostumarnos.
Non che consinto que lle fales así a túa nai.
Viches que maneira de correr? Ía cagado de medo.
Non dei feito con tanto cable, e acabei deixando todo como estaba.
Xa non temos idade para ir de botellón, non cres?
Se queres ir tomar unhas cervexas á noitiña, mándame un whatsapp.


Saúdos.

-- 
*Esteban Souto Bargiela*
www.estebansouto.com
[email protected]
+34 615 566 448
Instagram: @esteban.souto

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7276&h=6f650430a7ccca7312fb85bb50709a6828b6d871&sa=17696310

Responderlle a