En 2010/05/25 17:09, José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
2010/5/25 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>:


Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden poñan
frases máis fáciles de entender.

Debo dicir que, despois de ler a explicación que escribín onte,
atópolle máis sentido á cousa. O de poñer o razoamento por escrito
axudoume bastante. Parece que manter a estrutura da frase inglesa na
cabeza e darlle voltas para poñela en cristiano resultaba demasiado
para a miña escasa cabeciña...


Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
estabamos todos moi de acordo...

Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.

Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas diferentes.

Eu tamén comparto o de "camiños hai moitos, ruta só unha". Se
queredes, pelexamos outro pouco. Aínda teño un par de días antes de
que se acabe o prazo...

Daquela os camiños que levan a Santiago serían "Ruta de Santiago"?

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a