O Mér, 26-05-2010 ás 17:51 +0200, Enrique Estévez Fernández escribiu: > > Xente, temos que avanzar. Se queremos homoxeneidade e calidade nas > traducións temos que ter claro como se traducen termos tan básicos e > que aparecen en todos os aplicativos dunha vez.
Ole ole e ole!!! Eu en GNOME tamén estou aplicando Camiño porque da outra vez (van tantas xa) quedara fixado. Estiven mirando noutros idiomas e salvo no español todos empregan camiño, e ruta déixano para cousas específicas. Nese punto concordo con Keko. E digo eu... porque non tiramos dos SNL das universidades e empregamos as cabezas pensantes da xente que ten estudos na lingua para estes debates???? Teño entendido que en Galiza, aínda que poucos, hai terminólogos que podería botarnos unha man nestes asuntos. Saúdos _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto