2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2010/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> 2010/11/2 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
>>>>
>>>>
>>>> 2010/11/2 marcoslansga...@gmail.com <marcoslansga...@gmail.com>
>>>>>
>>>>> Appointment e meeting están traducidos ambos os dous como 'Cita' no
>>>>> evolution. Que pensades de traducir appointment como 'cita' e meeting
>>>>> como 'reunión'??
>>>>
>>>> +1
>>>>
>>
>> +1
>>
>> Resumo da miña posición
>>
>> appointement - cita
>> meeting - 1. reunión, encontro
>>              2. mitin, acto político
>> event - 1. actividade, actuación
>>           2. evento
>>
>>
>>
>> Quizais «meeting» como «encontro» acaia mellor nalgúns contextos.
>> Quero dicir que se podería manter un dobrete reunión/encontro.
>
> Independentemente de se as dúas son válidas penso que sería preferible
> usar unha soa.
>
>>>> Parécenme correctas esas traducións que propós.
>>>
>>> Despois de facer números e consultar as opcións escolleitas nos
>>> glosarios parece que o que se fai e se recomenda é o que ti dis.
>>>
>>>>> Tamén event aparece unhas veces como 'evento' e outras como
>>>>> 'actividade', non encontro ningún acordo sobre isto, por cal opto??
>>>>>
>>
>> Respecto de «event» traducido como «evento» ten certas arestas, porque
>> tanto en galego como en castelán os seus valores non son tan amplos
>> coma no inglés. Moitos autores consideran un anglicismo inaceptable,
>> un falso amigo, o de «evento» significando "calquera cousa". En galego
>> refire circunstancias extraordinarias, non planificadas ou
>> inesperadas. En español, os usos parellos aos do inglés son
>> considerados americanismos... xa sabemos por qué.
>>
>> [gl]
>> eventos.m. 1. Suceso posible. Cómpre estar preparados para calquera
>> evento. 2. Cousa que sucede. Foi todo un evento para a vila a visita
>> real. SIN. acontecemento, suceso.
>>
>> [en]
>> Event can refer to many things such as:
>>
>>    * A phenomenon, any observable occurrence, or an extraordinary occurrence
>>
>> A type of gathering:
>>
>>    * A ceremony, for example, a marriage
>>    * A competition, for example, a sports competition
>>    * A convention (meeting)
>>    * A happening, a performance or situation meant to be considered as art
>>    * A festival, for example, a musical event
>>    * A media event, a happening that attracts coverage by mass media
>>    * A party
>>    * A sporting event
>>
>> [es]
>> Di a RAE
>>
>> evento.
>>
>> (Del lat. eventus).
>>
>> 1. m. acaecimiento.
>>
>> 2. m. Eventualidad, hecho imprevisto, o que puede acaecer.
>>
>> 3. m. Cuba, El Salv., Méx., Perú, Ur. y Ven. Suceso importante y
>> programado, de índole social, académica, artística o deportiva.
>>
>> Pero,
>>
>> Por exemplo, no Diccionario de usos y dudas del español actual, do
>> mestre José Martínez de Sousa, auténtica autoridade na norma escrita
>> do español:
>>
>> «... Es impropiedad aplicar esta palabra a sucesos previstos y
>> preparados. Obsérvese que la propia Academia lo define como
>> eventualidad, es decir, lo que puede suceder o no. »
>>
>> [pt]
>> evento
>> s. m.
>> 1. Acontecimento; sucesso.
>> 2. Êxito.
>>
>>
>> En resumo, en galego non é aceptable evento, en español, medianamente
>> pero en xeral non; e en portugués tampouco... outra cousa é a moda
>> actual en redes sociais, prensa, política, ... O mesmo se pode aplicar
>> ao uso de «eventual» que hai quen xa o utiliza á maneira inglesa, co
>> valor de algo definitivo, ou resultado final, cando o significado que
>> nós lle damos é de algo que depende case dun azar fatal, accidental ou
>> moi de circunstancias.
>>
>> Cando algo se programa é forma parte dun conxunto de actividades, é
>> unha actividade... e para quen a realiza, tamén é unha actuación,
>> desde un grupo de teatro a un xuíz. A diferencia entre
>> actividade/actuación é o grao de formalidade, transcendencia ou
>> responsabilidade, sempre máis acusado no caso de actuación, que por
>> algo deriva de «acto».
>>
>> Iso por un lado. Polo outro está o uso como termo computacional, onde
>> non hai ningún problema en consideralo unha acción ou mensaxe
>> informativa entre o computador e o usuario. Ex. Os clics do rato e
>> acción programada que executan, serían eventos do rato. Aquí sería
>> unha adaptación do inglés «event» no ámbito da especialidade,
>> perfectamente viable.
>
> Se entendín ben "evento" é aceptable para cousas como o dos eventos do
> rato, pero non no contexto de "actos públicos" como a XGN ou algo así,
> non? A verdade é que non estou seguro de telo entendido :)


A XGN é un evento? Mancomún di que si... e RAG di que non
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/obradoiros-de-software-libre-na-xgn/

É un acontecemento? non, é unha reunión anual, unha feira, unha festa,
unha celebración, unha xoldra que alguén mantén como actividade
ordinaria e onde actúan un bo feixe de actores, entre eles
programadores culturais, xestores e xornalistas "contaminados" pola
influencia do inglés e polo americanismo cool. Como lingüista non podo
admitir que «evento» sexa terminoloxía necesaria dos medios de
comunicación, así que censuro o seu mal uso. A moda esta non ten din
10 anos. E no caso da XGN, en bo inglés diríase «exhibition» que é ben
máis preciso ...

Un evento é o que lles pasou co de Málaga, a inesperada cancelación
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/a-libre-software-world-conference-celebrase-o-27-de-outubro-en-malaga/

O clic do rato que abre unha páxina nunha lapela é un evento ? si e
tameń calquera uso específico en programación, control de datos... en
resumo é unha función
http://www.springerlink.com/content/y2154583r2837270/




>
>>>> Supoño que, como en moitos outros casos, podes optar pola que mellor se
>>>> axeite en cada ocasión.
>>>
>>> Pode que en contextos diferentes necesiten traducións diferentes.
>>>
>>> A próxima vez que envíes consultas sobre terminoloxía que o asunto da
>>> mensaxe comece por "[Terminoloxía]", por favor.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a