grazas por transmitir o alí acontecido que foi máis ou menos o que se espera de tales actos, pero sobre todo por por negro sobre blanco *a resposta dos responsables da administración* galega ante a vosa postura en tal acto. Non saben, non contestan.
MS vai ao seu, pois responden ante accionistas e non ante cidadáns. Pero os DXs, SXs, Conselleiros si. 2011/2/24 Antón Méixome <[email protected]> > Grazas Xabier. Impecable resumo. > > Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto > ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan > e pensan que lles saíu moi ben. > Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por > ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política. > > > 2011/2/24 Miguel Bouzada <[email protected]>: > > Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D > > > > > > 2011/2/24 Xabier Villar <[email protected]> > >> > >> Ola a todos! > >> > >> como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en chamar > >> Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non > >> temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft > >> para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido > que > >> se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose > dun > >> sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas > >> listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos: > >> - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía > >> multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a > comunidade > >> de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o traballo > >> feito por organismos dependentes da administración pública (léase > Termigal), > >> vai revertir no aproveitamento público de tal traballo > >> - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan > dende > >> fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do > software > >> libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais > >> importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das > >> institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6 > >> > http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego > >> > http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego > >> > http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno > >> > http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego > >> e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que > coñezo > >> de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos) > >> > >> Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros > de > >> Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter > >> respostas dos principais implicados > >> > >> A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría > >> Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter : > >> http://twitter.com/#!/Xabier_V > >> > >> E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas > >> conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida > aportar > >> algo cando teña tempo) > >> > >> A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha estrela > >> do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e > comezo > >> das intervencións. > >> > >> En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de > Microsoft > >> Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de > >> comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en > >> galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería > sido > >> moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, dígoo > con > >> total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu > >> discurso en torno á "necesidad de poder escoger" me recordou moito os > >> postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben > >> > >> Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de > >> executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai > está > >> facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun > >> portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e > >> modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume > >> afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega. > >> > >> Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política > >> Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que > >> empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda fila, > >> xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas > preguntas. En > >> canto oíu iso quixo saber de que "medio" eramos, e cando soubo que iamos > en > >> representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final > do > >> acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso > mencionou os > >> voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da > comunidade > >> de tradutores. > >> Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en > diversas > >> partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, > salvo > >> problemas de "lag" (foi complicado chegar a ver a imaxe dos > interlocutores, > >> aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que > nos > >> estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, supoño > que > >> se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet. > >> > >> Por último interviu o conselleiro de Educación e Ordenación > Universitaria > >> Xesús Vázquez Abad. Fixo un discurso moi político, é dicir, falou moito > pero > >> non dixo case nada. E o case para min veu a significar que se o galego > aínda > >> existe hoxe en día é gracias a compañías coma MS, así que xa > imaxinaredes > >> como me sentou, a min, que teño uns pais, posiblemente non mais vellos > ca > >> el, dos que mamei galego e seguramente o mamarán os meus fillos cando os > >> teña, e que na vida puxeron as mans nun computador, pero crían os > chuletóns > >> cos que esta xente se regala. > >> > >> Como colofón final, outra actuación de Susana Seivane (non son > >> especialmente seguidor do folk, pero para min foi o aproveitable da > tarde), > >> e posteriormente a desbandada. > >> > >> Leandro tentou falar co SX, pero este habilmente derivouno ó director > >> xeral do Termigal (ou así se nos presentou). Tentou expoñerlle a > necesidade > >> de que toda a documentación do traballo de tradución feito fose > publicado e > >> liberado baixo licencias que permitisen a súa reutilización. En todo > momento > >> nos dixo que si, que seguían os estándares ISO, que se queriamos que > botasen > >> unha man co traballo de Trasno que tamén o farían, etc... pero cando lle > >> falou Leandro dos TBX non sabía o que eran. Nisto non estou ó tanto, > pero > >> teño entendido que dende Trasno se intentou en varias ocasións solicitar > >> colaboración do Termigal e non se conseguiu. En resumo: moitos sis pero > >> ningunha información concreta (recordoume ó alcume de Baltar, Sisí > >> emperatriz, porque a todo di que si :P) > >> > >> Na persecución do SX, topamos con outra muller, ó parecer pertencente a > >> MS. Desta conversa, un pouco mais tensa, o que sacamos en claro é que, > >> segundo ela, MS pagou por todo o traballo e que a Xunta non puxera un > can. > >> Mencioneille o acto de propaganda alomenos, pero non seguiu co tema. > >> Ademais, os termos da súa relación co Termigal non coincidían co que > >> entendemos do DX deste. E por mais que digan que pagaron, segue a > tratarse > >> de recursos dependentes da administración pública, polo que os > resultados > >> deberían reverter no beneficio público. Insistiu en que MS creaba > emprego e > >> empresas en GZ (en concreto coa tradución), e que era inviable para > linguas > >> con tan poucos habitantes como o galego, o catalán e o euskera sacar os > seus > >> productos directamente no idioma. Pregunteille polo danés (o primeiro > que me > >> veu á cabeza, 6m falantes fronte a 13.5m do catalán, segundo a > Wikipedia) e > >> dixo que ese claro que sí. Dixénlle que polo tanto para MS había linguas > e > >> linguas de segunda, nas que só vale a pena invertir se hai compensacións > >> gubernamentais (entendase compensacións no sentido amplo, non > necesariamente > >> monetarias) > >> > >> Seguimos a nosa pescuda e batemos coa xerente de RI de MS. Foi o mais > >> surrealista da tarde. Prácticamente intentou vendernos os produtos de > MS, > >> insistiu en que o que quería é que o tivésemos pasado ben e que o demais > >> esta tarde non importaba, e non sei por qué motivo nos dixo que o > problema > >> das linguas como o galego, o catalán e o euskera era que non se > empregaban, > >> e presumiu de ser unha catalana vivindo en Euskadi. Xa digo que non > entendo > >> que nos di a nos, se estabamos falando en galego, nin de que parte de > >> Cataluña é, pois non é a miña experiencia nas veces que estiven alí de > >> pasada. Ata me serviu para aprender algo de catalán. E os anteriores > 13.5m > >> de falantes creo que lle dan a réplica. Pero en fin, que o único que > sacamos > >> é que levou a dirección de Leandro, en teoría para poñerse > posteriormente en > >> contacto con el. > >> > >> E finalmente, cando só quedaban os "pipas" recollendo o material, > >> acurralamos ó SX. Dixo que mellor falabamos outro día, que nos pasásemos > >> pola Secretaría. Teño entendido que xa se pediu cita con el con > >> anterioridade e que non houbo resposta, pero iso mellor que o confirme > >> alguén da directiva, que eu só estiven facendo labor de xornalista2.0 XD > >> > >> Iso si, estivemos falando cun xornalista de http://www.codigocero.com/, > >> que polo menos escoitounos amablemente, e incluso se ofreceu a levar a > >> Leandro de volta á Coruña. Lamentablemente, nin me acordei de > preguntarlle o > >> nome, pero foi un pracer coñecelo, se chega a ler isto > >> > >> E nada mais pola miña parte. Calquera dúbida, preguntade :) > >> > >> > >> PD: o tag #inestable no twitter ven de que tamén son membro de Inestable > e > >> quedei de retransmitirlles o evento, pero non se falou de que os fose > >> representando. Espero que iso non xere malentendidos nin problemas, pero > en > >> calquera caso, se así fose, foi só responsabilidade miña. > >> > >> -- > >> > >> Xabier Villar > >> > >> _______________________________________________ > >> Guls mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls > >> > > > > > > > > -- > > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > > > > _______________________________________________ > > Guls mailing list > > [email protected] > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls > > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- *Xose M* ---------------- Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. ----------------
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

