Boas:
Eu tradúzoa como configuración (en singular).
Sobre o consenso ao mellor é mellor tratar de sacar o concepto e
traducir sempre igual en función do concepto, por exemplo
folder/directory a nivel de usuario e na maioría dos casos directory
pode traducirse como cartafol e así o fago sobre todo para non despistar
ao usuario normal quen penso que na maioría dos casos non aprecia
diferencias.
En 2011/04/14 09:57, Fran Dieguez escribiu:
Ola a tod@s,
como vindes traducindo a palabra "settings", polo momento en GNOME
estamos con configuracións, pero a min non me convence moito por as
seguintes razóns:
- é moi longa e iso penalízase na lonxitude final da cadea, con
respecto ao seu orixinal e inglés.
- hai problemas como os seguintes: "Configure display settings"->
Configurar as configuracións da pantalla"
En fin, como estades traducindo vos para chegar a un consenso?
Saúdos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto