2011/4/14 damufo <[email protected]>: > 2011/4/14 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> 2011/4/14 Fran Dieguez <[email protected]> >>> >>> Ola a tod@s, >>> >>> como vindes traducindo a palabra "settings", polo momento en GNOME >>> estamos con configuracións, pero a min non me convence moito por as >>> seguintes razóns: >>> >>> - é moi longa e iso penalízase na lonxitude final da cadea, con >>> respecto ao seu orixinal e inglés. >>> - hai problemas como os seguintes: "Configure display settings"-> >>> Configurar as configuracións da pantalla" >>> >>> En fin, como estades traducindo vos para chegar a un consenso? >> >> >> Eu concretamente adoezo de falta de criterio nisto, xa que tanto emprego >> configuración como axuste ou como opcións... en xeral en cada aplicativo >> axústome a un termo, máis non sempre me resulta doado (por cousas como as >> que comenta Fran) ... >> >> A miña preferencia vai cara "opción/s" ou >> De feito nas "policy" de ChromeOS emprego... If this setting is enabled... >> Se esta opción está activada... >> mais >> This policy only takes effect if you have selected manual proxy settings at >> 'Choose how to specify proxy server settings'. >> →→ Esta política só ten efecto se foi seleccionada a configuración manual do >> proxy en «Escolla como especificar a configuración do servidor proxy». >> xa que aquí «opción/s» non vexo que acaia ben >> ou >> If you enable or disable this setting, users cannot change or override this >> setting in %{PRODUCT_NAME}. >> →→ Se activa ou desactiva esta opción, os usuarios non poderán cambiar ou >> anular esta configuración en %{PRODUCT_NAME}. >> >> >> Paréceme importante esta proposta polo que vexo precisa unha discusión e >> acadar un consenso
Para «settings» uso «configuración» (en singular), pero cando falamos das opcións da configuración utilizo «opcións». «setting» (sen singular) para min é sempre «opción». Penso que cando «settings» se usa no sentido de «configuración», outros termos como «options», «preferences» ou «configuration» (e pode que algunha máis que non lembro) expresan exactamente o mesmo, e normalmente traducímolas de forma diferente. >> Item máis, creo que é importante solucionar o conxunto de palabras desa >> tenor... >> >> Set → estabelecer, configurar, escoller .... Para «set» (verbo) uso «definir». >> Ao andar por dentro de Ubuntu, vexo que cada quen emprega o que lle acae, e, >> como non era menos de esperar, cada vez que entra un novo tradutor nun >> aplicativo, entra un novo xeito de traducir... > > > Boas: > Eu tradúzoa como configuración (en singular). > Sobre o consenso ao mellor é mellor tratar de sacar o concepto e traducir > sempre igual en función do concepto, por exemplo folder/directory a nivel de > usuario e na maioría dos casos directory pode traducirse como cartafol e así > o fago sobre todo para non despistar ao usuario normal quen penso que na > maioría dos casos non aprecia diferencias. > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

