O Wednesday, 10 de August de 2011 17:32:03 Xosé escribiu:
> Preciso dunha tradución diferenciada entre _tag_ e _label_ (habitualmente,
> «etiqueta») para o digikam.
>
> Non teño instalada a versión 2, que é na que aparecen estes conceptos, e
> descoñezo a diferenza.
>
> Xosé
Acabo de instalalo. As tags son as que xa estaban, as de texto que crea o
usuario: casa, merda, coche, nenos.
As Labels son algo raro, como etiquetas predefinidas. O menú para engadir unha
label é así:
- Assign Labels
- Pick
- Ningunha
- Rejected
- Pending
- Accepted
- Cor
- Nove para elixir, ou ningún.
- Cualificación.
- Entre 0 e 5 estrelas.
Só pode escollerse unha por imaxe de cada categoría de label, polo que se ve,
unha Pick, unha Cor e unha Cualificación, label parece un termo que engloba as
tres categorías. Non se me ocorre como traducilo. Datos? Opcións? Marcas ao
mellor?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto