Ola meus, últimamente estou coa tradución da documentación do escritorio GNOME 3 ademais das novas aportacións que Ubuntu está incluíndo na Ubuntu 10.10 no panel de opcións/configuracións/preferencias do sistema.
Estáseme pasando pola cabeza cambiar as referencias de "Configuracións" que hai agora polo GNOME 3 nos menús e o propio diálogo a algo menos "techie". As opcións que barallo son: - Opcións - Preferencias Persoalmente "Opcións" é o que máis me gusta. Por dúas razóns: 1.- É máis curta co que é máis doada de ler e os menús non son tan grandes. 2.- É a que menos "techie" sona das tres. Pregunto isto xa que este simple cambio repercutirá tanto na UI e documentación de GNOME como na IU e documentación das distros que empreguen GNOME (i.e. Ubuntu). Any thoughts? Saúdos _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

