2011/9/8 Antón Méixome <[email protected]>: > Refíreste ao impacto que provocaría por exemplo na barra de tarefas de > Gnome: Sistema > Preferencias > > En xeral, eu a «settings» hai tempo que o veño traducindo como > «configuración» na inmensa maioría dos casos, con valor abstracto ou > colectivo. Cando non aquece porque é necesario facer caso do plural, > entón si que utilizo «opcións». Funciona moi ben en LibO > > Non me parece mal o cambio que propós, pero a ganancia non é moita. > Preferiría "configuración" porque fai parella con > "Sistema>administración" > > > > 2011/8/28 Fran Dieguez <[email protected]>: >> Ola meus, >> >> últimamente estou coa tradución da documentación do escritorio GNOME 3 >> ademais das novas aportacións que Ubuntu está incluíndo na Ubuntu 10.10 >> no panel de opcións/configuracións/preferencias do sistema. >> >> Estáseme pasando pola cabeza cambiar as referencias de "Configuracións" >> que hai agora polo GNOME 3 nos menús e o propio diálogo a algo menos >> "techie". As opcións que barallo son: >> >> - Opcións >> - Preferencias >> >> Persoalmente "Opcións" é o que máis me gusta. Por dúas razóns: >> >> 1.- É máis curta co que é máis doada de ler e os menús non son tan >> grandes. >> 2.- É a que menos "techie" sona das tres. >> >> Pregunto isto xa que este simple cambio repercutirá tanto na UI e >> documentación de GNOME como na IU e documentación das distros que >> empreguen GNOME (i.e. Ubuntu). >> >> Any thoughts?
Penso que igual sería bo ir aínda máis alá e ver se diferentes palabras que se empregan en inglés teñen o mesmo sentido, e polo tanto se deberían traducir dun único xeito en galego. Falo de «preferences», «options», «settings»... Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

