Boas,

Precisamente polo correo que mandaches hai uns días estiven buscando
información sobre este asunto.

Por un lado sorpréndeme que eses firmwares estean traducidos ao galego,
porque parecen orixinais de Samsung modificados ¿sabedes se os móbiles
Samsung veñen en galego?

Por outro lado comentáronme que a Xunta contactou con Google para
traducir algún dos seus produtos, e ao parecer mostráronse reticentes
(entendín que Google busca volume de usuarios, e o galego non está entre
as súas prioridades ¿?).

E xa finalmente o que poderíamos ir facendo para ser pragmáticos, ter
resultados e logo poderlle pedir a Google que os inclúa no seu "upstream
particular" (AOSP), é traducir unha distribución Android case-libre,
como o é Cyanogen.

¿Como o vedes?

Un saúdo.
    Felipe.


On 22/09/11 07:33, damufo wrote:
> Boas:
> Contactei con rapaz do fío que quería tradudir ao galego (ten conta no
> launchpad).
> Comentoume que a cousa ao final queodou en nada, seguramente porque xa
> hai roms traducidas ao galego.
>
> http://roms.htcmania.com/filtro.php?l=gl&o=fecha_rom
>
>
>
> En 2011/09/21 23:07, Fran Dieguez escribiu:
>> Pois non atopara nada no seu momento.
>>
>> Que tal se tentamos facer algo... Molaría moito ter o meu móbil en
>> galego. Cando menos a versión AOSP.
>> Eu podo axudar moito na tradución pero para temas de comunicación con
>> Google e xestións prefiro que o leve outra persoa porque con GNOME xa
>> teño dabondo.
>>
>> Saúdos
>>
>>
>> On Mér 21 Set 2011 10:37:11 CEST, Jesús Bravo Álvarez wrote:
>>> O Domingo 18 de Setembro de 2011 ás 20:36, damufo dicía:
>>>
>>>> Alguén sabe se hai versión en galego do android?
>>>> Ou se hai proxecto de tradución ao galego de android?
>>>     Eu mireino unha vez e o único que atopei foi isto:
>>>
>>> http://groups.google.com/group/android-contrib/browse_thread/thread/42cc4b7de00d3362
>>>
>>>
>>>     Non sei se hai algunha vía máis oficial para crear un grupo de
>>> tradución
>>> do Android, pero polo menos parece que existe esa posibilidade ;)
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a