Boas,

Nos repositorios de Cyanogen non aparece a tradución ao galego (si que
aparecen outras, como a do catalán). Tamén descarguei unha das ROMs de
HTCmania que indican que conteñen a tradución ao galego, e non a traen
(novamente, si que está a catalana, por exemplo).  Dáme que o feito de
que indiquen que as ROMs están traducidas ao galego se debe a un erro.

En definitiva, que me atrevería a afirmar que non hai tradución ao
galego (estarei encantado de que equivocarme :) ), así que se ninguén se
opón, póñome con ela.

Un saúdo.
    Felipe.

On 22/09/11 16:02, damufo wrote:
> Se non me erro a traducion xa debe estar feita, pouca cousa debe haber
> que traducir, supoño.
>
> En 2011/09/22 10:52, Felipe Gil-Castiñeira escribiu:
>> Boas,
>>
>> Precisamente polo correo que mandaches hai uns días estiven buscando
>> información sobre este asunto.
>>
>> Por un lado sorpréndeme que eses firmwares estean traducidos ao galego,
>> porque parecen orixinais de Samsung modificados ¿sabedes se os móbiles
>> Samsung veñen en galego?
>>
>> Por outro lado comentáronme que a Xunta contactou con Google para
>> traducir algún dos seus produtos, e ao parecer mostráronse reticentes
>> (entendín que Google busca volume de usuarios, e o galego non está entre
>> as súas prioridades ¿?).
>>
>> E xa finalmente o que poderíamos ir facendo para ser pragmáticos, ter
>> resultados e logo poderlle pedir a Google que os inclúa no seu "upstream
>> particular" (AOSP), é traducir unha distribución Android case-libre,
>> como o é Cyanogen.
>>
>> ¿Como o vedes?
>>
>> Un saúdo.
>>      Felipe.
>>
>>
>> On 22/09/11 07:33, damufo wrote:
>>> Boas:
>>> Contactei con rapaz do fío que quería tradudir ao galego (ten conta no
>>> launchpad).
>>> Comentoume que a cousa ao final queodou en nada, seguramente porque xa
>>> hai roms traducidas ao galego.
>>>
>>> http://roms.htcmania.com/filtro.php?l=gl&o=fecha_rom
>>>
>>>
>>>
>>> En 2011/09/21 23:07, Fran Dieguez escribiu:
>>>> Pois non atopara nada no seu momento.
>>>>
>>>> Que tal se tentamos facer algo... Molaría moito ter o meu móbil en
>>>> galego. Cando menos a versión AOSP.
>>>> Eu podo axudar moito na tradución pero para temas de comunicación con
>>>> Google e xestións prefiro que o leve outra persoa porque con GNOME xa
>>>> teño dabondo.
>>>>
>>>> Saúdos
>>>>
>>>>
>>>> On Mér 21 Set 2011 10:37:11 CEST, Jesús Bravo Álvarez wrote:
>>>>> O Domingo 18 de Setembro de 2011 ás 20:36, damufo dicía:
>>>>>
>>>>>> Alguén sabe se hai versión en galego do android?
>>>>>> Ou se hai proxecto de tradución ao galego de android?
>>>>>      Eu mireino unha vez e o único que atopei foi isto:
>>>>>
>>>>> http://groups.google.com/group/android-contrib/browse_thread/thread/42cc4b7de00d3362
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>      Non sei se hai algunha vía máis oficial para crear un grupo de
>>>>> tradución
>>>>> do Android, pero polo menos parece que existe esa posibilidade ;)

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a