Avisa do que sexa. GNOME sae o 28 polo que logo duns días de relax post release (que boa falta me van facer) podo botar unha man.
Saúdos On Ven 23 Set 2011 18:09:45 CEST, Felipe Gil-Castiñeira wrote: > Boas, > > Nos repositorios de Cyanogen non aparece a tradución ao galego (si que > aparecen outras, como a do catalán). Tamén descarguei unha das ROMs de > HTCmania que indican que conteñen a tradución ao galego, e non a traen > (novamente, si que está a catalana, por exemplo). Dáme que o feito de > que indiquen que as ROMs están traducidas ao galego se debe a un erro. > > En definitiva, que me atrevería a afirmar que non hai tradución ao > galego (estarei encantado de que equivocarme :) ), así que se ninguén se > opón, póñome con ela. > > Un saúdo. > Felipe. > > On 22/09/11 16:02, damufo wrote: >> Se non me erro a traducion xa debe estar feita, pouca cousa debe haber >> que traducir, supoño. >> >> En 2011/09/22 10:52, Felipe Gil-Castiñeira escribiu: >>> Boas, >>> >>> Precisamente polo correo que mandaches hai uns días estiven buscando >>> información sobre este asunto. >>> >>> Por un lado sorpréndeme que eses firmwares estean traducidos ao galego, >>> porque parecen orixinais de Samsung modificados ¿sabedes se os móbiles >>> Samsung veñen en galego? >>> >>> Por outro lado comentáronme que a Xunta contactou con Google para >>> traducir algún dos seus produtos, e ao parecer mostráronse reticentes >>> (entendín que Google busca volume de usuarios, e o galego non está entre >>> as súas prioridades ¿?). >>> >>> E xa finalmente o que poderíamos ir facendo para ser pragmáticos, ter >>> resultados e logo poderlle pedir a Google que os inclúa no seu "upstream >>> particular" (AOSP), é traducir unha distribución Android case-libre, >>> como o é Cyanogen. >>> >>> ¿Como o vedes? >>> >>> Un saúdo. >>> Felipe. >>> >>> >>> On 22/09/11 07:33, damufo wrote: >>>> Boas: >>>> Contactei con rapaz do fío que quería tradudir ao galego (ten conta no >>>> launchpad). >>>> Comentoume que a cousa ao final queodou en nada, seguramente porque xa >>>> hai roms traducidas ao galego. >>>> >>>> http://roms.htcmania.com/filtro.php?l=gl&o=fecha_rom >>>> >>>> >>>> >>>> En 2011/09/21 23:07, Fran Dieguez escribiu: >>>>> Pois non atopara nada no seu momento. >>>>> >>>>> Que tal se tentamos facer algo... Molaría moito ter o meu móbil en >>>>> galego. Cando menos a versión AOSP. >>>>> Eu podo axudar moito na tradución pero para temas de comunicación con >>>>> Google e xestións prefiro que o leve outra persoa porque con GNOME xa >>>>> teño dabondo. >>>>> >>>>> Saúdos >>>>> >>>>> >>>>> On Mér 21 Set 2011 10:37:11 CEST, Jesús Bravo Álvarez wrote: >>>>>> O Domingo 18 de Setembro de 2011 ás 20:36, damufo dicía: >>>>>> >>>>>>> Alguén sabe se hai versión en galego do android? >>>>>>> Ou se hai proxecto de tradución ao galego de android? >>>>>> Eu mireino unha vez e o único que atopei foi isto: >>>>>> >>>>>> http://groups.google.com/group/android-contrib/browse_thread/thread/42cc4b7de00d3362 >>>>>> >>>>>> >>>>>> >>>>>> Non sei se hai algunha vía máis oficial para crear un grupo de >>>>>> tradución >>>>>> do Android, pero polo menos parece que existe esa posibilidade ;) > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

