Ola a todos e todas, Son un programador que traballa para unha empresa galega desenvolvendo software libre.
Estou a desenvolver actualmente unha plataforma de e-democracia (nada que ver coa historia do 15M) chamada e-cidadania, licenciada baixo GPLv3 e puxémonos coma requisito que a plataforma tivera traducción a lingua galega. Pola miña parte, aínda que sei galego, non é normativo e teñenme dito que é moi sexista (cando eu aprendin galego os sexismos non existian) e a aplicación está enfocada máis cara a administración que ao público xeral. Gustaríame pedirvos colaboración para traducir o catálogo de idioma ao galego, non está completo, pero está maduro ao 90%. Actualmente o catálogo ten entre 300 e 350 cadeas de texto (bendita reutilización) e pódese traducir mediante a ferramenta rosetta se é preciso. Non sei se tedes por norma aceptar peticións de este estilo, pero se non queredes tampouco pasa nada. Mandei este correo porque sei da calidade das vosas traduccións e sei que sodes un grupo entregado. Supoño que queredes evaluar o proxecto antes de dicir nada, así que deixovos uns enlaces, un último detalle, aínda estou desenvolvendo a aplicación, está en fase beta (beta de verdade) co cal non está todo en marcha aínda: Repositorio de código: http://gitorious.org/e-cidadania Demostración (versión alfa): http://demo.ecidadania.org Trac: http://dev.ecidadania.org Atentamente, Oscar Carballal Prego -- Móbil: (34) 620-734766 | [email protected] Cidadania S. Coop. Galega Corredoira das Fraguas 5-1º esq. 15.703 Santiago de Compostela (A Coruña) Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

