Xa temos en marcha a próxima trasnada Desta volta vai seren en Vigo no Centro Cultural da antiga novacaixagalicia (que aínda non sei se xa lle cambiaron o nome)
Se vos parece ben, liaremonos a traballar desde as 11:00 ata as 2:00, pausa para comer e seguiremos de 4:30 a 7:30, así os que veñades desde A Coruña en tren non teredes nin que madrugar, nin que chegar moi tarde. Hai un tren rápido (?) que sae de A Coruña as 8:25 (9:01 Santiago) e que chega a Vigo as 10:30 (hai un anterior máis lento) a pé desde a (nova) estación son uns 10 minutos. Para volver tendes tren as 19:55 ata A Coruña, despois xa as 20:57 que chega a Santiago as 22:28 e A Coruña as 23:02 Alguén se anima a facer un carteliño? eu nin sei nin teño tempo, o Presi está de baixa, así que necesitamos algo de axuda... non fai falla que sexa como para participar nun concurso :-D -- Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

