A xestión das linguas en Mozilla a min tenme arrepiado. A páxina principal e dirixida a todos os públicos SÓ admite o inglés.
http://www.mozilla.org/en-US/ E do resto a infraestrutura tamén ten moitos problemas, como por exemplo que se buscas engadidos para "galician" ou "galego" ás veces aparece algo e outras nada, cando está o corrector de damufo con máis de 3000 descargas... Xa sei que hai moi poucos idiomas recoñecidos en Mozilla.org pero paréceme inaceptable que non estea o galego cando están o catalán e o eúscaro (tamén dúas opcións para o portugués, mentres nin para o inglés nin para o castelán hai máis ca unha?) https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/ Non sei se haberá alguén que se anime a conquerir con constancia melloras aí pero estaría moi ben. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

