Boas:
Unha apreciación.
Eu diría que o corrector non é de damufo, este só o empaquetou e puxo a disposición da xente, durante un tempo tamén participou no empaquetado Frco. Rial.

Polo resto concordo.

Arrepiado +1

En 12/04/2012 13:31, Antón Méixome escribiu:
A xestión das linguas en Mozilla a min tenme arrepiado. A páxina
principal e dirixida a todos os públicos SÓ admite o inglés.

http://www.mozilla.org/en-US/

E do resto a infraestrutura tamén ten moitos problemas, como por
exemplo que se buscas engadidos para "galician" ou "galego" ás veces
aparece algo e outras nada, cando está o corrector de damufo con máis
de 3000 descargas...
Xa sei que hai moi poucos idiomas recoñecidos en Mozilla.org pero
paréceme inaceptable que non estea o galego cando están o catalán e o
eúscaro (tamén dúas opcións para o portugués, mentres nin para o
inglés nin para o castelán hai máis ca unha?)

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/

Non sei se haberá alguén que se anime a conquerir con constancia
melloras aí pero estaría moi ben.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a