non comparto a túa opinión sobre non recomendar NESTE MOMENTO actualizar a 12.04
Levo con ela desde que saíu a Beta2, e menos o primeiro día que tiven un problema con un script que tiña eu ao inicio do sistema, non tiven problemas. O que funcionaba con 11.10 ségueo a facer nesta. E o gnome-shell é a miña opción como escritorio, e o que si podo contar como experiencia (para actualizacións desde 3.2) é que activedes SO as extensións (engadidos) compatibles co gnome-shell 3.4, pois as de versións anteriores pode que estraguen o gnome-shell Eu non son de Unity, pero creo que o van mellorando (usabilidade/rendemento/productividade), a "xente" parece collerlle o gusto de xeito doado. On 27 April 2012 11:32, Antón Méixome <[email protected]> wrote: > Supoño que pode ser de interese o fío. > > Fixen unha aposta de risco ;-). Actualizar desde a 10.04 ata a 12.04, > pasando por todas a versións intermedias en 2 días. Acabo de > actualizar a 12.04. Estou con Gnome-Shell desde hai 2 días (que cada > vez me gusta máis) > > Funciona relativamente máis rápido, o inicio e o cambio de tarefas. > > Non atopo maiores desastres. > > - Glipper, o xestor de notas de Gnome, dá problemas > - Gimp non se lanza. Hai problemas coas bibliotecas geggl de Gnome. > Solucioneino cunha versión 2.6 que si vai. > > Non recomendo utilizar ningún ppa de momento. > > En xeral non recomendo a ninguén meterse neste momento coa 12.04 a non > ser en virtual ou con instalacións limpas. > > Eu fíxeno por varias razóns. > > Necesito unha LTS para traballar, especialmente polo novo hunspell > e hai que ver o tema da galeguización por onde vai fallando para, polo > menos, poñer parches. > Digo eu. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- *Xose M* ---------------- Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. ----------------
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

