Supoño que pode ser de interese o fío. Fixen unha aposta de risco ;-). Actualizar desde a 10.04 ata a 12.04, pasando por todas a versións intermedias en 2 días. Acabo de actualizar a 12.04. Estou con Gnome-Shell desde hai 2 días (que cada vez me gusta máis)
Funciona relativamente máis rápido, o inicio e o cambio de tarefas. Non atopo maiores desastres. - Glipper, o xestor de notas de Gnome, dá problemas - Gimp non se lanza. Hai problemas coas bibliotecas geggl de Gnome. Solucioneino cunha versión 2.6 que si vai. Non recomendo utilizar ningún ppa de momento. En xeral non recomendo a ninguén meterse neste momento coa 12.04 a non ser en virtual ou con instalacións limpas. Eu fíxeno por varias razóns. Necesito unha LTS para traballar, especialmente polo novo hunspell e hai que ver o tema da galeguización por onde vai fallando para, polo menos, poñer parches. Digo eu. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

