-----Original Message-----
From: "Manuel A. Fernandez Montecelo" <cre...@cfutura.com> 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Tue, 21 Mar 2000 00:41:14 +0000
To: LeGAL <le...@eurielec.etsit.upm.es> 
Subject: normas 


> olá:
> 
> ben, neste apartado non sempre é grato, pero creo que hai que tratalo. o
> mellor non sería ter que aplicalo nunca, pero creo que é mellor que sexa
> unha cousa pública e acordada para que non haxa trato discriminatorio ao
> aplicar algunhas medidas por causas de "forza maior".

home...

> está baseado nas normas internas de gzlinux, iso si, máis abertas e
> adaptadas ao que será o legal. mándovos as normas que tiñamos adxuntas
> comprimidas(con winzip tamén se pode descomprimir) para que darvos máis
> ideas, e aconséllovos lelas para comprender mellor o "porqué" de cada
> norma.
> 
> antes de nada, eu creo que debe haber as menos normas posibles, entre
> outras cousas porque así hai menos posibilidades de incumprilas. tamén
> que sexan abertas, estilo GNU. son normas básicas, normas de
> convivencia, ou chamádelle X ... aí están.

sip, cantas menos normas menos teremos que ler... XD

> 1- "meta-normas"
>  - o concepto de "membro", que non lle gusta nada a Jesus xDDD.

¿Que outras ideas hai ó respecto? Eu apoio a idea de membro, pero diferenciemos 
ben "membro" de "socio" e non esixamos máis responsabilidades das que cada quen 
quera dar, ok? isto é, se alguén quere colaborar connosco traducindo só a imaxe 
Powered by Linux e lle leva catro meses... (q xa hai q ser cesto... :), pois 
benvido sexa, ¿nonsi?

> isto depende moito da estructura final do legal, pero por dicir algo ...
> 
> eu creo que é necesario aplicar este concepto sobre todo para casos
> semellantes aos seguintes: imaxinade que queremos mercar un computador e
> coller un dominio. un grupo de 20 persoas que acaban de entrar na lista
> non queren pagar e por iso opóñense á compra do servidor e por culpa
> deles quedamos sen el. ou mesmo votar se queremos ter o servidor que nos
> poidan dar en conectiva en udc, nunha isp, ... ou @ coordinador@ dun
> proxecto.

> ben, pois eu creo que para estes casos delicados hai que poñer algún
> tipo de límite polo que poida pasar. por exemplo, levar certo tempo
> suscrito á lista e/ou ter feito determinada cantidade de traballo.

Ben o do traballo tén máis trazas có do tempo na lista, coido eu... pero de 
tódolos xeitos hai que estabrecer o que é traballo, isto é, supoño que farán 
falla máis traballos cós de traducción.

>  - tamén haberá que especificar os prazos e métodos para votacións,
> modificacións das normas, ...

Pois haberá q facer uns estatutos, propoño q alguén se ofreza a escribir uns 
pra tratarmolos na lista.

> 2- liberdade creadora.
> 
> pois iso, liberdade no idioma (mellor dito, normativa) e no que se
> queira traducir ou facer. pódese facer unha lista de prioridades ou algo
> así, pero será opcional.

Aí difiro, coido q a única solución polo de agora viable pra rematarmos tendo 
material en galego abondo é manter unha única normativa, ou sexa, imaxinádevos 
utilizar o bash en galego normativo e ó ir a mirar a páxina man atopala en 
portugués (perdón en reintegracionista ;), penso q é o máis productivo e é 
innegable que hai un galego oficial (sen entrar en discordias) e que a lectura 
do reintegrado (aínda que non esixe unha iniciación) élle estrana a moita 
xente, ¿non credes?

> 3- asignación.
> 
> para pedir un documento hai que anuncialo na lista de correo. pasado un
> tempo prudencial(3 meses?), se non se remata pode pedilo outro.

Penso que ó respecto disto o mellor é non asignar datas pra non ir contando... 
;)
De haber un coordinador pra cada área (coido q será a única solución á 
desorganización) penso q o mellor sería que este levase o tema e de ver que 
alguén non toma contacto co proxecto ou semellar esquecerse de rematar o 
traballo encargase el de falar co colaborador, ¿non?

> e haberá que facer algo nos traballos en grupo no que a xente
> falle(gimp, guias, ...). por exemplo, asignarllo a outro se non informa
> da súa actividade durante un mes ou así.

> tamén se publicarán por suposto traballos de xente non suscrita á lista
> de correo.

Por suposto, coido que o traballo do LeGAL ademais de traducir todo o material 
Linux en galego debe ser recompilar o existinte fóra do feito aquí.

> 4- existencia só de coordinadores de proxectos.
> 
> por exemplo, de GNU, de GNOME, de HOWOTs, de cada guia en particular,
> lista de correo, ...

Estou completamente de acordo, debemos evitar a figura do coordinador xeral e 
substituíla pola do conseso ;) ou coordinadores intermedios... ou calquera tipo 
de xerarquía que coido que só faría máis lento o traballo.
Pero tamén debemos evitar que ningún coordinador controle a súa sección, isto 
é, delimitar ben as atribucións da coordinación.

> eu creo que a máis polémica é a primeira, nas outras estaremos máis
> dacordo. e tamén pode ser convinte engadir algunha ... pero iso, que
> comece o "combate" ... ;)))

hehe, velaí vai, podes estar seguro...

> aburinho!!

> Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

  Deica

  WoDeN

  Nuno André Novo <deba...@linuxmail.org>
-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 


<br>                                                                           
<a href=http://adserver-hk.outblaze.com/cgi-bin/nph-ad1?id=6&c=RANDOM>         
<img src=http://adserver-hk.outblaze.com/cgi-bin/nph-img1?id=6&c=RANDOM        
border="0"></a>                                                                
<br>                                                                           

Responderlle a