Wed, Mar 22, 2000 at 12:34:46PM +0100, Camilo Regueiro escribiu:

>Ola, vexo que estou incluido nesta lista, aínda que nunca participei en
>iniciativas do mundo Linux, aínda asi alegrome moito de estar incluido nesta
>rolda. Quixera aportar o meu punto de vista e facer unha serie de
>ofrecementos.

        Non é para menos. :-)

>    Pola experiencia que teño, o mellor sistema de reparto de traballo, é
>establecendo prazos, de tal xeito que se 'un membro' non os cumple, tentar
>ver o por que, poidendo reasignar a tarefa a outra persoa de xeito rápido, e
>sen eternizarte esperando o remate dun traballo que ao final non  se esta a
>facer. Por suposto que neste tema os 'coordinadores' deben de ser flexibles,
>e coñecer os motivos do retraso, facendo un seguimento de cada un dos
>membros.

        Iso é o que penso eu.  Non me gusta iso de "membro" porque parece
que tes que asinar algo e pasar a estar nunha lista de socios activos.
Persoalmente penso que alguén como Xosé Vázquez, que traduciu o WindowMaker
hai 3 anos, pero que non forma parte de ningún grupo actual, ten tantos
dereitos de opinar coma nós.  En canto aos prazos de entrega dunha
traducción, penso como ti dis que é mellor que sexa o coordinador o que
estime e acorde co traductor se pode ou non pode face-la traducción.

>pros e os contras) procurade unificar o tema, ou sexa editar unha serie de
>normas de estilo a cumplir por todo o mundo.

        O das normas de estilo pódese cumplir para algunhas cousas, pero
para outras vai ser difícil (p.ex: fiestra, ventá, xanela)

>    Estou empezando a mirar o tema do Netscape 6 (o Mozilla), e vexo que o
>traballo que se faga para Windows, vai ser totalmente aproveitable para
>Linux, ou sexa que non creo que haxa que duplicar traballos neste senso, e

        En efecto. :-)

>incluso se poden abrir vias de traballo nas duas plataformas para combinar
>os resultados. Aínda o estou a estudiar, pero creo que se podería facer así.

        Pois encántame que digas iso, porque despóis ía mandarche eu unha
mensaxe referente a este tema. X'DDD

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a