Ola,
Xa é tempo de falar disto. Para evitar voltas innecesarias:
http://www.eurielec.etsit.upm.es/legal
Xa a mirastes moitos de vós. É só un modelo de cómo ten que ser a
páxina. Unha probable característica que agora non ten será a
descentralización. É dicir, a páxina correspondente a cada sección poderá
estar nun sitio diferente ó da páxina principal. Por iso é a razón de non
usar frames, para evitar que a fragmentación física provoque unha
fragmentación na aparencia.
En canto ós recursos que necesitamos, serían estes básicamente:
- Servidor Web (a ser posible con PHP3)
- Servidor de correo con soporte de listas
- ¿Servidor FTP?
- ¿Servidor CVS?
Unha pregunta básica é se ten que ser todo moi cuadrado
(www.legal.org, ftp.legal.org, cvs.legal.org, @legal.org), ou pode ser máis
flexible (como penso eu). Neste caso, o CVS ben podería estar onde está
agora o de programas (ceu.fi.udc.es), e o servidor de correo noutra máquina
que non tivese por que ser a do servidor web.
Posibilidades que temos ou serían desexables:
- Galego21 (imaxino que sería algo así como http://www.galego21.org/linux)
- Dominio (e máquina) ofrecido pola xente de Conectiva (o dominio penso eu
que non tería problema, polo que nos dixo Rik Van Riel a Jacobo e a min)
- Que o GPUL obteña direccións IPs reais dos rácanos da UDC. :-D Eu penso
que sería o ideal, porque estaría mantido por xente de confianza, sería
moi sinxelo para administrar e para engadir o necesario (ex, PHP3)
E por último o nome... O de "LeGal" foi un pouco precipitado, e
semella que hai xente por aí á que non lle gusta (tampouco é que me
estrañe). ¿Algunha proposta...?
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras