Thu, Mar 30, 2000 at 01:38:47AM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
>non sei, xa dixen que non o podía explicar moi ben pero quizais sexa
>iso. pero non por ser do país (creo). como digo, non sei moi ben por que
>é; quizais por estar "lonxe". se hai algún problema (=incendio,p.ex.) e
>perden todo? e se pechan o chisme? e se deixa de estar dispoñible o
>correo, p.ex.?
O de haber un incendio e perder todo pode pasar en calquera sitio.
:-) Pero non vas atopar moitos sitio onde teñan o hardware que teñen alí,
incluido o RAID-5 nos discos duros dos servidores de ficheiros e de bases
de datos. Imaxino que, ademáis diso, terán outro tipo de backup dos datos.
Podes mirar o hardware que teñen en:
http://sourceforge.net/docs/site/hardware.php
E se o pechan, pois pensa que pechan tamén proxectos como Mesa3D,
Utah-GLX, DRI, zsh, RealTimeBattle, Gtk--, sawmill, icewm, e2fsprogs ou
Eterm. Teñen unha chea de proxectos pequenos e descoñecidos, coma o CVS de
KDE... Non sei se me explico.
Polo que estiven a mirar, non seriamo-lo primeiro proxecto de
localización en sourceforge, pareceume ver tamén de búlgaro, grego, checo e
indonesio.
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras