>       ¿E se (como xa pensaramos antes) se propón como concurso para a
> Arroutada? :-)

Home, eu llo propuña á xente de scene, para facer no fast por ali, pero
seguro que non lles vai facer moita gracia, e non creo que o feito de darlle
un par de moniños dos de Ximian vaia cambiar moito a cousa, pero bouno
intentar de todas todas.

Non dixera nada porque non convén que se saiba, xa sabes como vai isto dos
fast, ten que ser ali, non vale traelo de casa, si se corre a voz de que o
concurso de fast vai a ter por tema o trasno, pois... seguro que non o fan.

Outra cousa que pode pasar e que pase o de sempre, que esperemos e que logo
nos quedemos sen logo porque ou non o queiran facer ou non nos gusten as
cousas, dende logo vendo o que son capaces de facer... sería mais que
interesante.

Hai outra cousa, podemos esperar (a Arroutada é a principios de novembro) a
ver si aparece algo novo ou sae o da arroutada, e se non, podo tentar
pedirlle a Alvarete, un colega de Isidro, que é un diseñador caralludo, dos
que soen gañar ou quedar ben nos concursos de gráficos, nos fast e tal, a
ver se nos quere facer algo e nos gusta.

En fin, vos decidides, o da Arroutada mellor que non saia de aquí, porque
senon non se fai, ok ;-)

Saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a