Ola,
Varias modificacións:
- Modifiquei a páxina principal das novidades. Quitei o logo (mentres non
teñamos o definitivo), quitei as citas (agora están na páxina de
información), e quitei as caixas de slashdot e os buscadores (e puxen
outra co resume do estado da traducción, para ter algún contido dinámico
na páxina principal ademais das novidades). Polo momento aínda non
funciona demasiado ben, pero todo chegará. O deseño global é agora aínda
peor que antes, pero eu teño un gusto bastante pésimo. O:)
- GNOME: Actualicei as estatísticas (por fin O:)) e dividín os paquetes en
dúas partes (tal como fan na páxina de gnome). Non me convence demasiado
esa división, e posiblemente a farei doutro xeito (cando teña tempo ao
remataren os exames :P)
- KDE: Tamén actualicei as estatísticas, que levaban dous meses sen facelo
porque o servidor de kde que utilizaba para baixar os ficheiros xa non
funcionaba...
- Ispell: Engadín información sobre o diccionario de ispell en mínimos
feito por Ramón Flores e André Ventas (isto aparecerá esta noite)
- RedHat: Agora usa o ultra-power-merdento sistema de estatísticas, o que
facilita a actualización (antes facíao a man e era un pouco coñazo)
E creo que máis nada... Supoño que farei algunha outra modificación
cando teña máis tempo, pero é o que hai. :)
--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe