En teoría teñen traductor, só que despois de que se perdesen datos no disco duro do servidor, non aparecen. Hoxe mesmo aparecerán, porque estou a subir o ficheiro en cuestión.
Deberías escoller os ficheiros sen tradutor asignado (pode que aínda quede algún sen tradutor á vista pero xa comezado a traducir) e sen comezar a traducir. Tamén podes escoller ficheiros que tendo tradutor poida que estén abandonados. En calquera caso se te interesa algún en especial xa asignado mándame un correo-e e tentarei asignarcho, pois non hai "sobredemanda" e pode que o tradutor xa desaparecese do asunto. > Ola a todos. Son novo na lista e queria preguntar se para traducir KDE > hai que escoller os ficheiros sen nome asociado e traducción incompleta? > ex: en kdeaddons os primeiros ficheiros para traducir son > desktop_kdeaddons cun 65% e sen traductor e o seguinte dub, sen > traductor e cun 0% (todo sacado de http://www.trasno.net/kde ). Unha vez > escollidos, mándase o aviso a Xabi García? á lista? Mándanseme por correo-e. > > Graciñas > _______________________________________________ > Trasno mailing list > [email protected] > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

